Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE RECIBIU NO SEU DESPACHO AOS REPRESENTANTES DA NOVA DIRECTIVA DA AVV SAN MATEO
Os integrantes da asociación de veciños trasladaron aos políticos locais as súas prioridades en materia de posibles actuacións a desenvolver na parroquia
Narón, 5 de abril de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a primeira tenente de alcalde e portavoz de Terra Galega, Marián Ferreiro, e a portavoz do PSOE, Catalina García, reuníronse no despacho do rexedor local con representantes da Asociación de Veciños de San Mateo, trala renovación da directiva da entidade, cuxa presidencia ostenta Miguel A. Santalla. Acompañando ao presidente da AVV estiveron tamén o vicepresidente, José Fernández, a tesoureira, Laura Fernández, e o secretario, José Manuel García, que abordaron cos integrantes do equipo de goberno naronés diferentes temas relacionados coa citada parroquia. Así mesmo, os representantes desta entidade veciñal naronesa transmitiron aos integrantes do goberno local as súas prioridades no que respecta ás posibles actuacións e actividades a desenvolver na parroquia de San Mateo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal