Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA AS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS REMATA O DÍA 31 DE MARZO
As instancias poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou nas Escolas Infantís Municipais de A Solaina, Piñeiros e A Gándara.
O Concello de Narón mantén aberto o prazo de presentación de solicitudes para as escolas infantís municipais de Narón, situadas en A Solaina, Piñeiros e A Gándara e que en conxunto suman perto de 270 matrículas. O prazo de reserva de matrícula para os tres centros públicos permanece aberto dende o pasado 1 de Marzo, ata o día 31 deste mes, e as solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou ben nas propias Escolas Infantís Municipais (EIM). Á hora de adxudicar as prazas, terán preferencia os nenos que xa estiveran matriculados no centro durante o pasado curso, seguidos de aqueles que xa teñan un irmán nesa escola. O segundo grupo preferente é o dos fillos/as do persoal que traballe nas escolas infantís municipais, e por último os novos ingresos que acaden o baremo máis alto, segundo os criterios que se explican a continuación. O Concello primará ás parellas que traballen fora do fogar familiar (6 puntos sumando pai e nai), ás familias monoparentales (3 puntos), ás familias numerosas (3 puntos), ás familias afectadas por minusvalidez física, psíquica ou sensorial ou enfermedades que requiran tratamiento (2 puntos), fillos nacidos en parto múltiple (1 punto), familias con persoas a cargo (1 punto). A esto se sumarán 2 puntos por cada membro da unidade familiar. Ademáis, os desempregados terán outros 2 puntos. Tamén se baremarán outras cuestións coma a situación laboral familiar e os ingresos familiares, dando prioridade ás rentas máis baixas. DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A SOLICITUDE: Xunto coa solicitude oficial acompañarase a seguinte documentación: -Libro de familia e/ou cartilla de familia numerosa. -DNI do solicitante. -Xustificación de haberes: última nómina, declaración do IRPF ou certificación de exención se é o caso; certificación positiva ou negativa de percepción de prestación económica do INEM; certificación de ingresos por pensións emitido polo organismo pagador; xustificante doutros ingresos, ou declaración xurada dos mesmos, e, xustificante laboral de proximidade ás EIM. -Certificación de ser demandante de emprego, da nai, pai, titor ou titora legal. -Certificado de intereses e retencións bancarias. -Certificado expedido polo organismo competente sobre o grado de minusvalidez e certificado médico de enfermidade ou deficiencia alegada polos mebros da unidade familiar. -Certificado de empadroamento. (No suposto dos veciños/as de Narón será tramitado polas propias EIM diante do departamento de Estatística). -Copia da Tarxeta Sanitaria do menor. -Certificado do Departamento de Rendas do Concello de tódolos/as membros da unidade familiar. (Se tramita desde o propio Departamento). -Informe do organismo competente sobre as necesidades de integración dos nenos e nenas afectos de calquera tipo de minusvalidez. -Documentación que acredite a condición de familia monoparental, entendida como a formada pola nai ou pai solteira/o que non manteñan relación de convivencia ou situacións de separación, divorcio ou viuvez (acreditada mediante Libro de Familia e certificado de convivencia), así como a documentación acreditativa de incidencias tales como: abandono do fogar de ambos os dous membros parentais, ou de calquera outra circunstancia socio-familiar alegada. -Informe do Servicio Sociocomunitario, nos supostos nos que sexa necesario por razón da especial situación socioeconómica ou sociofamiliar. -Poderase requirir ó solicitante os documentos que se consideren precisos para a resolución do expediente.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal