Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
SEGUNDO ESPECTÁCULO DO FESTIVAL DO MONÓLOGO TEATRAL "SINGULAR" NO PAZO DA CULTURA
SEGUNDO ESPECTÁCULO DO FESTIVAL DO MONÓLOGO TEATRAL
José L. Esteban interpretará "El arte de las putas, una historia de amor" o 8 de abril a partir das 20.30 horas
Narón, 7 de abril de 2016. O Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón acolle o 8 de abril o segundo espectáculo incluído no Festival do Monólogo Teatral “Singular”, organizado conxuntamente polo Padroado da Cultura de Narón e a produtora teatral Eme2. “Arte de las putas, una historia de amor”, peza protagonizada por José L. Esteban, chegará ás instalacións do Pazo da man de Jotacción a partir das 20.30 horas.
O espectáculo, dirixido ao público adulto, ten unha duración de algo máis dunha hora. Neste tempo o público presenciará unha obra que remontará ao público aos clásicos, a esas historias que os nosos ancestros queren transmitirnos e na que non faltarán o humor, a ironía e a música.
O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.
O Festival do Monólogo Teatral “Singular” inaugurouse o pasado venres, día 1 de abril, con “Monólogo do imbécil”, escrito e dirixido polo naronés José Prieto e protagonizado por Xosé Antonio Touriñán. Este ciclo impulsado desde o Padroado da Cultura e Eme2 rematará o vindeiro 22 de abril.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal