Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A "VII FEIRA MULTISECTORIAL AGRÍCOLA"
O evento concentrará nas instalacións preto de corenta postos de exposición e venta de diferentes produtos e maquinaria
Narón, 7 de abril de 2016. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou esta mañá a sétima edición da Feira Multisectorial Agrícola que se celebrará esta fin de semana -o sábado e o domingo- no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. Preto de corenta de expositores procedentes de diferentes municipios da provincia amosarán aos visitantes as últimas novidades no sector, tal e como avanzou a edil naronesa. O horario de apertura do recinto será os dous días de 11.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 20.00 horas. A edil naronesa explicou que como novidade, este ano haberá unha exposición de aves de corral. O programa de actividades a desenvolver inclúe unha mostra de uso de maquinaria agrícola, talleres de poda e tamén actividades pensadas para os nenos e nenas, como obradoiros infantís (relacionados coa agricultura e o medio ambiente) e un área de ludoteca. Non faltará tampouco nesta cita unha zona de restauración, onde se poderá degustar pulpo. O domingo en horario de mañá haberá unha sesión vermú para amenizar este evento. Os visitantes poderán ver e adquirir as últimas novidades en maquinaria agrícola, aves de corral, diversas especies de plantas e árbores froiteiras e ornamentais, doces artesáns, alimentos ecolóxicos e artículos de coiro, barro e madeira, así como alimentos para animais. As persoas que se despracen á feira –a entrada é de balde- participarán tanto o sábado como o domingo no sorteo de diferentes agasallos. Coas compras realizadas, recibirán un tícket co que poderán obter diferentes artículos que permanecerán á venta na feira. A concelleira de Feiras e Mercados destacou a importancia desta convocatoria, que “posibilitará a produtores e empresarios amosar diferentes produtos, especies e maquinaria e estar en contacto con outros profesionais do sector”. Así mesmo, Gómez animou á veciñanza a acudir a esta convocatoria, incidindo na variedade da programación deste ano e tamén na cantidade e calidade dos expositores, aos que agradeceu a súa participación.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal