Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ACOLLEU A PRIMEIRA XUNTANZA PARA COORDINAR O ENCONTRO INTEREXERACIONAL 2016
O CONCELLO ACOLLEU A PRIMEIRA XUNTANZA PARA COORDINAR O ENCONTRO INTEREXERACIONAL 2016
Representantes de varias entidades colaborarán co goberno local na organización do evento, que se desenvolverá o vindeiro mes de xuño
Narón, 11 de abril de 2016. A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, presidiu unha xuntanza con representantes de diversas entidades do municipio para coordinar o programa da quinta edición do Encontro Interxeracional que se celebrará o vindeiro 12 de xuño no paseo marítimo de Xuvia. A edil naronesa e persoal de dezasete asociacións acordaron adiantar este ano a data do evento para evitar que coincida con outras actividades a desenvolver na localidade.
Sabio recordou que o Encontro Interxeracional supón o remate das actividades do programa de Envellecemento Activo impulsado desde o Concello de Narón. Trátase dunha convocatoria aberta á participación tanto de entidades como de particulares e que se dirixe aos maiores que participan no citado programa e ás súas familias.
Os asistentes á convocatoria desta mañá acordaron manter unha segunda xuntanza o vindeiro día 25 para perfilar o programa de actos a desenvolver ao longo da xornada, para a que cada asociación plantexará unha serie de actividades.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal