Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CORTES NO SUBMINISTRO DE AUGA EN VARIOS VIAIS MUNICIPAIS DEBIDO ÁS OBRAS DE SANEAMENTO DA RÍA
CORTES NO SUBMINISTRO DE AUGA EN VARIOS VIAIS MUNICIPAIS DEBIDO ÁS OBRAS DE SANEAMENTO DA RÍA
As restriccións terán lugar na estrada de Castela e viais transversais o luns 18 de abril entre as 22.00 e as 09.00 horas do día 19 e tamén nesta última xornada desde as 22.00 ata a as 09.00 do mércores día 20
Narón, 16 de abril de 2016. A Compañía de Servicios Medioambientales do Atlántico SA (Cosma), anunciou dous cortes no subministro de auga que se realizarán o luns, día 18 e o martes día 19 deste mes con motivo das obras de saneamento, actualmente en execución. A medida afectará aos inmobles localizados na estrada de Castela e algúns viais trasversais – nestes últimos rexistraranse maioritariamente baixadas de presión- entre as 22.00 e as 09.00 horas de cada unha destas xornadas aínda que a empresa confía en poder restablecer o servizo antes das 09.00 horas en varias zonas.
Desde as 22.00 horas do luns ás 09.00 horas do martes o corte afectará aos inmobles dos números impares da estrada de Castela, desde o cruce deste vial coa Avenida de Santa Icía (non será efectivo no barrio da Solaina) ata a intersección coa rúa Río Vespasante (sen afectar a este último vial). A medida si repercutirá en todas as rúas transversais localizados neste tramo da estrada de Castela, tal e como indicaron desde Cosma.
O martes, tamén desde as 22.00 e ata as 09.00 horas do mércores, o corte realizarase para os números pares da estrada de Castela, desde o cruce coa Avenida Concepción Arenal (esta última vía non sufrirá modificacións no servizo) ata a intersección coa avenida Conde de Fenosa (nesta última non se prevén incidencias no subministro). Os viais transversais deste tramo si estarán afectados polos cortes de auga.
O edil de Servizos, Ibán Santalla, apelou á colaboración cidadá e pediu desculpas polas molestias que poida ocasionar esta medida durante as horas no que se manteñan as restriccións no subministro de auga, se ben incidiu en que “é preciso levalas a cabo para poder realizar os traballos correspondentes ao cruce da estrada de Castela para a obra do interceptor xeral”.
Os citados traballos obrigaron xa hai varios días a realizar unha serie de cambios na circulación rodada nas inmediacións da rotonda de Freixeiro, onde o tráfico está desviado a carrís provisionais, tal e como recordou o edil.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal