Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO OFERTA DOUS CURSOS DE INICIACIÓN Á INFORMÁTICA E DEPENDENTE DE COMERCIO
Narón, 4 de Marzo de 2008.- A Concellería de Formación Laboral e Emprego, dirixida pola edil Paloma González Cuevas, ven de abrir o prazo de inscripción para o Curso de Dependente de Comercio e para o programa ALFATEC –de alfabetización informática e accesibilidade ás novas tecnoloxías- ambos en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia. No primeiro caso, o Concello oferta 15 prazas para desempregados, que se dividirán en dous grupos en función da súa idade (de 16 a 30 anos, e de 25 a 60 anos). O obxectivo deste curso é formar a especialistas comerciais de venta en establecementos, para o cal se levarán a cabo 370 horas de formación, das cales 150 serán teórico- prácticas, e as 220 restantes se desenvolverán de forma práctica en comercios. O prazo para solicitar este curso remata o próximo 14 de Marzo, e os interesados poden cubrir o formulario correspondente no Rexistro Xeral do Concello. As clases terán lugar no Centro Municipal de Formación, e as prácticas serán en comercios de Narón e bisbarra. O contido do curso divídese en sete módulos, nos que se abordarán os seguintes contidos: a xestión comercial, a organización do punto de venta, o producto, a atención ó público e ós clientes, as singularidades e características do pequeño comercio, orientación e saúde laboral, e técnicas de venta e prácticas. Programa de alfabetización informática Respecto ó programa ALFATEC (Programa de alfabetización en informática e novas tecnoloxías da información), o Concello ofrece unha serie de accións formativas para achegar o mundo da informática ós sectores máis sensibles da sociedade e con menos posibilidades de acceso, coma os maiores, as mulleres, ou as persoas que non teñen contacto no seu traballo cos ordenadores. O obxectivo é facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades. A inscripción para este curso poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello, ata o 14 de Marzo, e o prezo da matrícula é de 11,45€ por persoa. Os interesados deberán cumprir dous requisitos mínimos: estar empadroado no Concello, e ter unha idade mínima de 16 anos. A duración media do curso é de 20 horas, e dentro do programa ALFATEC ofrécense ata seis accións formativas diferentes: iniciación á informática básica (20 horas), e a Internet e correo electrónico (10 horas), perfeccionamento de Internet e correo electrónico (20 horas), e cursos básicos de procesador de textos Word (20 horas), sobre folla de cálculo Excel (20 horas), e sobre base de datos Access (20 horas). Á hora de seleccionar ós usuarios, o Concello dará preferencia ás mulleres de 25 a 60 anos, ós maiores de 60 anos, e ás persoas activas ou desempregadas que non teñan coñecementos de informática ou novas tecnoloxías. O número total de prazas por curso será de 10, e as clases terán lugar no Centro Municipal de Formación “Irmás Froilaz” e na Casa da Mocidade. O Concello porá a disposición dos usuarios un total de 11 equipos informáticos –un por alumno e outro para o profesor- e realizará unha avaliación continua e interactiva que constatará e validará en casa sesión os obxectivos previstos.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es