Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DO OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS DO PADROADO DA CULTURA NO CIFP FERROLTERRA
EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DO OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS DO PADROADO DA CULTURA NO CIFP FERROLTERRA
O Padroado colabora con esta mostra nas "XXII Xornadas Técnicas Nacionais do Profesorado de Madeira e Moble" que se desenvolven en Ferrol
Narón, 21 de abril de 2016. O CIFP Ferrolterra, de Ferrol, acolle unha exposición cunha trintena de instrumentos musicais realizados polo alumnado dos Obradoiros de Construción de Instrumentos Tradicionais Galegos que se imparten a través do Padroado da Cultura do Concello de Narón. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 3 de maio –no horario habitual de apertura do centro unha vez rematadas as xornadas- e enmárcase nas “XXII Xornadas Técnicas Nacionais do Profesorado de Madeira e Moble” organizadas polo citado centro para os días 21, 22 e 23 de abril, en colaboración con diversas entidades, entre elas o Padroado da Cultura de Narón.
Pandeiretas, pandeiros, pandeiras, bombos –un deles, o de maior tamaño, cun debuxo do muíño de Xuvia-, charrascos, trécolas, culleres e tambores son algúns dos instrumentos que se poden ver nesta mostra. Unha parte dos mesmos realizouse este ano, se ben outros xa os fixo alumnado de cursos anteriores.
O Obradoiro de Construción de Instrumentos Tradicionais Galegos do Padroado da Cultura ten neste curso un total de 63 alumnos e alumnas, todos eles maiores de dezaséis anos, requisito imprescindible para poder asistir. As clases impártense os martes, mércores e venres polas tardes e os sábados todo o día entre os meses de outubro e xuño. O profesor Emilio Romero está á fronte deste obradoiro desde hai dezaséis anos, se ben as clases impártense desde o ano 1996 a través do Padroado da Cultura do Concello de Narón, cunha gran aceptación entre a veciñanza.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal