Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN XUVENIL DE TEMPO LIBRE "CROIO" COLABORAN NUNHA PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Unha trintena de nenos e nenas do colexio Virxe do Mar participarán nesta actividade xunto cos seus pais e nais, persoal da asociación e do Concello
Narón, 21 de abril de 2016. A Asociación Xuvenil de Tempo Libre “Croio” convocou para o día 23 de abril a tradicional plantación de árbores que anualmente realiza con alumnado dun centro escolar do municipio. A actividade, na que se implicarán unha trintena de nenos e nenas de Primaria do colexio Virxe do Mar, forma parte das que o colectivo organiza en virtude a un convenio asinado co Concello. Na convocatoria participarán tamén o alcalde, José Manuel Blanco, e varios edís da corporación municipal, entre eles o de Medio Ambiente, Octavio Dopico. O paseo marítimo de Xuvia será un ano máis o lugar no que se realizarán as plantacións, á altura da parte traseira da igrexa de Santa Rita. Ás 11.30 horas os participantes reuniranse na zona (onde xa estarán feitos os buratos) e recibirán unha pequena explicación do persoal de “Croio” sobre cómo plantar unha árbore. Tras repartir as ferramentas o colectivo disporase a plantar, a partir das 12.00 horas, un total de corenta árbores de diferentes especies. Entre as mesmas están o “liquidámbar”, “magnolio”, “loureiro portuxés”, “callistemo”, “arce xaponés” e “acivro”. Desde a organización recoméndase aos asistentes acudir con roupa e calzado axeitados para a ocasión. Unha vez que se planten as árbores colocaráselles unha etiqueta co nome das persoas que colaboraron na súa plantación e tamén co da especie en concreto. Antes de dar por finalizado o acto realizarase unha foto de familia para, a continuación, proceder á entrega duns agasallos conmemorativos aos participantes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal