Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ALUMNADO DO COLEXIO VIRXE DO MAR PARTICIPOU NUNHA PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
ALUMNADO DO COLEXIO VIRXE DO MAR PARTICIPOU NUNHA PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
A Asociación Xuvenil de Tempo Libre "Croio" e o Concello organizaron a convocatoria
Narón, 23 de abril de 2016. Unha trintena de nenos e nenas de entre cinco e seis anos do colexio Virxe do Mar, de Narón, participaron esta mañá na plantación de árbores que a Asociación Xuvenil de Tempo Libre “Croio” e o Concello de Narón organizaron no paseo marítimo de Xuvia. En total plantáronse corenta árbores na zona, de especies como o “liquidámbar”, o “acivro”, “magnolio” ou “loureiro portuxés”, entre outras. O alumnado implicouse na tarefa a pesar da choiva das primeiras horas desta mañá, que non impediu desenvolver a actividade prevista.
Acompañados dos seus pais e nais, presentáronse na zona –á altura da parte traseira da igrexa de Santa Rita- sobre as 11.30 da mañá, para recibir as explicacións pertinentes sobre cómo plantar as árbores. Uns minutos máis tarde comezou a actividade, na que tamén participaron activamente varios edís da corporación local naronesa.
Cada unha das árbores leva un distintivo co nome da especie e das persoas que colaboraron na súa plantación. Ao finalizar o traballo, os nenos e nenas tomaron un refrixerio e recibiron uns agasallos institucionais: unha gorra, o libro “Coñecer Narón en nove itinerarios” e unha placa conmemorativa desta actividade, na que figura o nome de cada un dos menores.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal