Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GOBERNO LOCAL XESTIONOU CO CATASTRO UNHA REBAIXA DO VALOR CATASTRAL DOS INMOBLES DA LOCALIDADE
O GOBERNO LOCAL XESTIONOU CO CATASTRO UNHA REBAIXA DO VALOR CATASTRAL DOS INMOBLES DA LOCALIDADE
A proposta someterase a aprobación no pleno ordinario do Concello o 28 de abril e aplicaríase no ano 2017
Narón, 25 de abril de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, anunciou unha próxima rebaixa do valor catastral dos inmobles da localidade que entrará en vigor a partir de 2017 e que repercutirá no importe dos recibos do Imposto de Bens Inmobles (IBI) da veciñanza. O rexedor local explicou a proposta xunto co edil de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar. A medida xurde das xuntanzas solicitadas polo goberno local con representantes da Xerencia rexional do Catastro. O alcalde recordou que a última revisión catastral realizada no municipio data do ano 2008 e explicou que esta baixada no valor catastral dos inmobles “xa se solicitou ao Catastro en mandatos anteriores, se ben non foi aceptada”. Blanco valorou a actual proposta, que se someterá a aprobación no pleno municipal do 28 de abril, incidindo na importancia da actualización dos citados valores “en canto que permitirá axustalos á realidade do mercado actual e, polo tanto, reducir o importe deste imposto nos inmobles da localidade”.
A Dirección Xeral do Catastro proporá un coeficiente do 0,92 para os inmobles localizados no termo municipal, ao rexistrarse a media dos actuais valores catastrais por riba do 50% do valor do mercado, tal e como indicaron desde o Catastro. O Concello adherirase a esta proposta do citado organismo, o que suporá unha baixada no importe a abonar en concepto do IBI a partir do vindeiro ano, tal e como indicou Villamar, ao aplicar ese coeficiente do 0,92 do valor catastral, en lugar de facelo sobre o 100%, explicou o edil de Xestión Orzamentaria.
Esta medida súmase á rebaixa do tipo impositivo do Imposto de Bens Inmobles, que do 0,67% no ano 2011 –cando se obrigou desde o Goberno central aos concellos a aumentar a parte sobre a que podían actuar as administracións locais nun 4% (os coeficientes do tipo de gravame do IBI) para cumprir a lexislación vixente- situándoo no 0,70%. O grupo de goberno solicitou no ano 2012 unha baixada no IBI pero esta petición non foi atendida polo Goberno central. Finalizada a vixencia da medida o grupo de goberno aprobou no ano 2015 o Marco Orzamentario 2016-2018 cuxas rebaixas progresivas situaban o coeficiente no 0,68 no ano 2016, se ben finalmente, trala aprobación do Marco Orzamentario 2017-2019 se situou no 0,66%. Deste xeito, recordou o edil “compénsase a maior parte do incremento xerado ao aplicar a regularización anual do 10% da diferencia entre a base liquidable e o valor catastral dos inmobles determinado polo Goberno central en 2008, en plena burbulla inmobiliaria”.
O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas será o encargado de comprobar se se cumpren os requisitos establecidos para acollerse a esta medida para que poida entrar en vigor no ano 2017.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal