Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PROGRAMA PARA CELEBRAR A "ROMARÍA DA O" EN PEDROSO INCLÚE UNHA GRAN VARIEDADE DE ACTOS
O PROGRAMA PARA CELEBRAR A
A peregrinación á capela da O será o 8 de maio pero os festexos comezarán días antes nesta parroquia naronesa
Narón, 26 de abril de 2016. A concelleira de Cultura, Marián Ferreiro; os edís de Seguridade Cidadá e Deportes, Guillermo Sánchez Fojo e Román Romero, respectivamente, e o presidente da Asociación de Veciños “Virxe da O” de Pedroso, Roberto Bouza, presentaron o programa de actos a desenvolver na citada parroquia con motivo da “Romaría da O”, que terá lugar o vindeiro 8 de maio, aínda que o programa festivo comezará a desenvolverse o 30 de abril, según apuntou a edil de Cultura.
Será ese primeiro día de festa cando se inaugure exposición fotográfica sobre “Pedroso e a súa xente no século XX”, cunhas duascentas imaxes, no local social da Pombiña. Pola tarde, a partir das 17.00 comezará un obradoiro no que se elaborarán as roscas de pan polas que se poxará, como marca a tradición, o domingo 8 de maio na sesión vermú. A actividade do primeiro día de festa continuará ás 20.00 horas, cunha “Parodia da Romaría da O” a cargo do Grupo de Teatro da Pombiña.
O venres 6 de maio retomaranse os actos festivos, cunha Marcha Cicloturista na que participarán escolares do colexio de San Sadurniño, do Virxe do Mar e do CRA de Pedroso, estes dous últimos de Narón. O alumnado dos dous centros chegará en bici a Pedroso desde San Sadurniño, ao saír os de Narón en tren cara ao municipio veciño ás 11.00 horas e reunirse alí co de San Sadurniño para partir xuntos, co Equipo de Educación Vial de Narón, en dirección á capela. As celebracións litúrxicas e a música darán continuidade a este programa o sábado 7 e o domingo 8 de maio. Os dous días haberá misa cada hora entre as 9.00 e as 13.00 –esta última campestre e con procesión- na capela da O e o domingo tamén ás 17.00 horas. A sesión vermú do sábado correrá a cargo do vocalista Diego Alma, concursante do programa “Recantos”, da TVG” e na verbena nocturna estarán as agrupacións “Pecados” e “Fania Blanco Show”.
O domingo celebrarase a tradicional peregrinación desde o mosteiro do Couto ata a capela da O (convócase por terceiro ano), que comezará ás 9.00 horas e consiste nun percorrido a pé estimado dunhas dúas horas. Unha das novidades é a colaboración nesta actividade da Concellerías de Deportes e Seguridade Cidadá de Narón que, como indicou Román Romero, prestarán apoio con monitores e cun desfibrilador como medida de seguridade. As persoas interesadas en realizar esta camiñata –que nun tramo se xuntará con outros romeiros procedentes de Narahío e do Val- deberán anotarse no local social da Pombiña. Os que completen o traxecto percibirán unha “O”, unha especie de “compostelana” acreditando a súa peregrinación, explicou Roberto Bouza. Ás 12.30 horas terá lugar a tradicional procesión dos roscos de pan –realizará a poxa un grupo das Escolas de Teatro de Narón-, desde o local da Sociedade Cultural e Recreativa da Pombiña cara ao campo da festa, un traxecto no que os asistentes estarán acompañados polo Grupo de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón, que amenizará o percorrido. Na sesión vermú participará o grupo de música tradicional “No Cómbaro”. Pola tarde haberá música e baile, con actuacións do alumnado das Escolas de Baile e Música Tradicional do Padroado da Cultura de Narón; xogos populares e bautismos de aeromodelismo xunto ao campo da festa, a cargo do grupo de aeromodelismo da Pombiña.
Os romeiros que o desexen poderán comer o día 8 baixo unha das dúas carpas que se ubicarán no campo da festa a prezos populares. O menú, a base de churrasco, liscos, chourizo, bebida, postre e café ten un prezo de 15 euros para os adultos e de cinco para nenos de ata dez anos. Os tickets poden adquirirse o día da romaría ou anticipadamente no local social da Pombiña, se ben se fan reservas en Maxipedroso ou chamando ao número de teléfono 659 468 455.
Roberto Bouza agradeceu a colaboración que prestan o Concello de Narón, a Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña” e o Grupo de Traballo de Pedroso, así como outras entidades que participan neste evento, ao que acudiron o pasado ano, dixo, unhas 3.000 persoas.
A concelleira de Cultura destacou a calidade do programa e tamén o traballo realizado polas diferentes entidades da parroquia de Pedroso para manter viva esta tradición. Marián Ferreiro incidiu na gran variedade de actos contemplados no programa para os días de festa e animou á veciñanza da localidade e da comarca a sumarse a esta convocatoria festiva, con actividades pensadas para persoas de diferentes idades.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal