Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA CONVOCAN CHARLAS SOBRE A AVESPA ASIÁTICA NAS PARROQUIAS DE NARÓN
A iniciativa enmárcase nunha campaña de sensibilización medioambiental e programou dúas xornadas en Pedroso e Sedes os días 26 e 27 de abril
Narón, 26 de abril de 2016. O concelleiro de Medio Ambiente, Octavio Dopico, anunciou que os días 26 e 27 de abril desenvolveranse dúas charlas na localidade incluídas na Campaña de sensibilización Medioambiental que sobre a avespa velutina organiza a delegación de Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura xunto co Concello de Narón e entidades veciñais de Pedroso e Sedes. A primeira convocatoria terá lugar o día 26, a partir das 19.00 horas no local social da Pombiña, en Pedroso, contando coa colaboración da AVV “Virxe da O” da citada parroquia. Na xornada do día 27 celebrarase a segunda sesión, ás 20.00 horas, nas instalacións doutra das entidades colaboradoras, a Asociación de Veciños “Rosa dos Ventos”, de Sedes. A Asociación Galega de Apicultura recorda que estes meses de primavera son os máis axeitados para aplicar as diferentes técnicas de trampeo que permitan controlar o avispón asiático, unha perigosa especie inimiga do medio ambiente. No transcurso destas charlas informarase aos asistentes sobre a vida e o comportamento da velutina; os colectivos afectados; sistemas de vixianza e control, así como da necesidade de colocar trampas na primavera para capturar ás raíñas –cada niño xera centos delas en outono e fundan novas colonias na primavera- e a eliminación de niños nas tempadas de verán e outono, tal e como indican desde AGA. Así mesmo, haberá demostracións sobre cómo elaborar esas trampas ou atraíntes para poder capturar ás raíñas e ofrecerase información sobre o programa “Stop Velutina”, impulsado desde a citada entidade. A Asociación Galega de Apicultura insta á veciñanza a colaborar nestas campañas para tratar de reducir os niños de velutina e, para iso, solicita que se coloquen nas hortas e xardíns un par de trampas penduradas de árbores en flor. As persoas interesadas en contactar coa entidade para obter máis información poden facelo a través do número de teléfono 661 378 960 ou do correo electrónico: dagaferrol@hotmail.com. A campaña desenvolverase en todas as parroquias da zona rural pero se algunha entidade da zona urbana está interesada en celebrar as charlas pode contactar con AGA para solicitalas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal