Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO MES DE MAIO O "I CONGRESO GALEGO DE SEGURIDADE E EDUCACIÓN VIAL CIDADE DE NARÓN"
O CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO MES DE MAIO O
A iniciativa terá lugar os días 28 e 29 de maio no auditorio municipal e enmárcase nos actos conmemorativos da Semana da Educación Vial e Mobilidade
Narón, 26 de abril de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presentou acompañado polo edil de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo e do equipo de Educación Vial do Concello de Narón –formado polos policías locais Pedro Caneiro e Sonia López e por Simón Cabarcos, licenciado en INEF- o “I Congreso Galego de Seguridade e Educación Vial Cidade de Narón”. A convocatoria desenvolverase os días 28 e 29 de maio no auditorio municipal e enmárcase dentro do programa de actos co que se conmemorará a Semana da Educación Vial e Mobilidade, do 23 ao 29 do vindeiro mes. A iniciativa conta co patrocinio da Deputación da Coruña e a Academia Galega de Seguridade Pública, entre outras entidades. As persoas interesadas en inscribirse no Congreso poden facelo a partir do 26 de abril, de balde, a través da páxina: www.congresoeducacionvial.es, ao estar limitado o aforo do auditorio.
O “I Congreso Galego de Seguridade e Educación Vial Cidade de Narón” comezará o día 28 de maio ás 10.00 horas, coa inauguración a cargo do rexedor local, José Manuel Blanco. O relatorio inaugural, a partir das 10.30 horas, correrá a cargo de Bartolomé Vargas, fiscal de Sala e Coordinador de Seguridade viaria da Fiscalía Xeral do Estado para, sobre as 11.10, iniciar outro con Francisco González Llanos, xefe do Servizo de neurociruxía do hospital Virgen de la Salud de Toledo e ás 16.00 un terceiro sobre “Construción de cidades seguras” a cargo do alcalde de Pontevedra, Miguel Ángel Fernández Lores. O programa do sábado inclúe tres mesas de traballo –ás 12.20; 17.00 e 19.30, respectivamente- sobre “Seguridade, tráfico e consecuencias”; “Proxectos e plans urbanos de seguridade viaria e mobilidade”, e “Educación viaria e formación na etapa escolar”.
O domingo abrirase o programa cun relatorio sobre “Coordinación de programas de educación vial”, con María Victoria Gómez, xefa provincial de Tráfico da Coruña. A mesa de traballo contemplada para a xornada final comezará ás 11.30 horas e abordará o tema das “Estratexias para a coordinación de programas de educación viaria en Galicia”.
Na semana do 23 ao 29 de maio desenvolveranse diferentes actividades relacionadas coa seguridade vial e a mobilidade dirixidas a todos os públicos. Así o indicou Sonia López, que subliñou que cada día se adicarán diferentes sesións a colectivos específicos: menores, embarazadas, maiores, etc. Entre as propostas están talleres teórico-prácticos –nos que tamén colaborarán o equipo de Emerxencias Narón e a Policía Local-; presentación de curtos nos colexios; camiñatas; presentación dun libro sobre Educación Vial ou un taller para embarazadas na piscina municipal da Gándara, apuntou. “A nosa idea é seguir educando en valores porque para nós a educación vial é prevención”, subliñou Simón Cabarcos, que recordou que entre no marco das campañas a desenvolver na Semana da Educación Vial é mobilidade trasladarase a Narón –en colaboración coa Fundación Mapfre- unha “casa de evacuación”, unha vivenda hinchable coa que se realizan simulacros de evacuación.
O edil de Seguridade Cidadá recordou que o Concello de Narón empezou a desenvolver diferentes traballos relacionados coa Seguridade Vial hai xa dez anos no colexio da Solaina, agradecendo a colaboración de todas as comunidades educativas, asociacións e entidades pola súa implicación. “Este congreso está máis ben dirixido a técnicos e persoas que traballan con este tema nos concellos, que nos dará experiencia, nos permitirá mellorar servizos e tamén seguir colaborando con outros municipios”, apuntou Sánchez Fojo.
O alcalde, José Manuel Blanco, destacou a calidade do programa deseñado con motivo da Semana da Educación Viaria e Mobilidade, agradecendo a labor de cantos colaboraron na súa elaboración. “Narón está dando un paso máis dentro do que é a Educación Vial”, asegurou Blanco, que indicou que “somos un dos concellos que máis traballou con este tema nos últimos anos e así o demostran os recoñecementos recibidos”. Así mesmo, o alcalde incidiu na “optimización dos recursos que temos entre os diferentes
Corpos de varias localidades para desenvolver diferentes actividades en materia de Educación Vial”. “Este Congreso será un paso adiante para animarnos a facer o segundo, o terceiro, e aportaranos experiencias para poder aplicar na rúa e nos colexios de Narón, como se está facendo na actualidade”, indicou.


Descarga de archivos
Programa do CongresoTamaño: 338,32 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal