Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN LOCAL NOMEARÁ AO ARTISTA MANUEL PATINHA "FILLO ADOPTIVO" DE NARÓN
Esculturas, pinturas e gravados deste artista portuxés afincado en Narón decoran varias dependencias e zonas públicas da localidade
Narón, 27 de abril de 2016. A corporación local de Narón aprobará no pleno do 28 de abril por unanimidade –tralo respaldo de todos os grupos políticos da Xunta de Portavoces- o nomeamento de Manuel da Silva Marqués de Patinha (Póvoa de Santa Iria, Portugal, 1949) como Fillo Adoptivo de Narón, localidade na que reside desde hai varios anos. O rexedor local, José Manuel Blanco, destacou o traballo deste artista portuxés e subliñou que será a primeira persoa trala Democracia en recibir esta distinción no Concello, en cuxas instalacións, así como noutras dependencias municipais e espazos públicos, se poden ver varias obras escultóricas, pictóricas e gravados deste recoñecido artista. Patinha cedeu ao Concello naronés no ano 2011 unha escultura que actualmente se localiza na praza de Fernando Yáñez, “Avelinda”, de case dous metros de altura, realizada en aceiro inoxidable reforzado. En espazos públicos de Narón están tamén as esculturas “Anduriña” (2011), na praza da Gándara; “Evolución” (2010), na Casa do Concello; “A persistencia”, no auditorio municipal e “Monumento a Álvaro Paradela”, en Piñeiros. O artista portuxés casou a finais da década dos setenta cunha naronesa, establecendo a súa residencia no barrio da Gándara inicialmente e uns anos despois na Faísca. A súa obra é recoñecida a nivel nacional e internacional, onde se organizaron diversas exposicións. A súa formación autodidacta fíxoo ademais merecedor de recoñecidos premios ao longo da súa traxectoria profesional.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal