Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DE NARÓN ACOLLEU DÚAS NOVAS REUNIÓNS DA COMISIÓN DE SEGUEMENTO DAS OBRAS DE SANEAMENTO DA RÍA
O CONCELLO DE NARÓN ACOLLEU DÚAS NOVAS REUNIÓNS DA COMISIÓN DE SEGUEMENTO DAS OBRAS DE SANEAMENTO DA RÍA
Na xuntanza informouse aos asistentes sobre o estado actual de execución dos traballos
Narón, 27 abril.- As dependencias do Concello de Narón acolleron dúas novas xuntanzas dos integrantes da Comisión de Seguemento, co obxecto de garantir o cumprimento do convenio para a execución dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol.
Cuestión esta, a do saneamento, absolutamente prioritaria para os Gobernos locais de Narón e Ferrol, que están a seguir, en primeira persoa os alcaldes das dúas localidades: José Manuel Blanco e Jorge Suárez. Ás 12.00 daba comezo a primeira das convocatorias, na que se abordou o estado das obras do tramo correspondente ao Cadaval-Neda.
O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, estivo acompañado pola directora territorial de zona de Aguas de las Cuencas de España SA (Acuaes) e presidenta da Comisión, Isabel Pérez-Espinosa; polo director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez; o concelleiro de Servizos de Narón, Ibán Santalla, e persoal técnico de Acuaes e da empresa mixta de Augas de Narón, Cosma.
Media hora máis tarde, deuse conta do estado dos traballos de acondicionamento dos interceptores da marxe dereita dos tramos: A Malata-A Gándara; A Gándara –O Cadaval; da estrutura de regulación do Porto e da zona do río Inxerto. A esta última convocatoria sumouse o rexedor de Ferrol, Jorge Suárez.
No transcurso da convocatoria, onde o persoal de Acuaes informou aos asistentes sobre o desenvolvemento das obras de saneamento actualmente en execución tanto no municipio naronés como no de Ferrol.
Abordouse, ademais, o sistema de explotación das infraestruturas do proxecto dos “Interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol”, acordándose, como estaba previsto, sacar a concurso o seu mantemento mentres non se elabora o plego mancomunado. As xuntanzas mantidas esta mañá forman parte das programadas para realizar un seguemento do avance dos traballos de saneamento, que periodicamente se convocan desde Acuaes en Narón ou Ferrol, e que terán continuidade nos vindeiros meses.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal