Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O REMATE DO CURSO DE "HABILIDADES PARA O TRABALLO EN EQUIPO" DARÁ PASO A NOVAS ACTIVIDADES EN MATERIA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O REMATE DO CURSO DE
Unha vez que se celebre o último Consello Territorial, en Doso, convocaranse uns obradoiros sobre orzamentos participativos
Narón, 28 de abril de 2016. Un total de quince persoas participaron este mes no curso sobre “Habilidades para o traballo en equipo” programado desde a Concellería de Participación Cidadá, á fronte da que está a edil Catalina García. Os pasados 19, 21 e 26 de abril os asistentes –particulares e representantes do movemento asociativo- acudiron ás clases desenvolvidas no Centro Cívico Social de San Mateo e nas que se abordaron diversas temáticas para fomentar o traballo en rede entre as entidades e onde se compartiron diversas experiencias en materia de Participación Cidadá.
A promoción da participación cidadá entre as asociacións; as dinámicas en redes para persoas en risco de exclusión social e o traballo en rede para promocionar áreas como a económica ou o emprego formaron parte dos proxectos abordados nas sesións. Os asistentes destacaron a importancia destas xornadas e solicitaron a programación de novas sesións a través das que poder recibir máis asesoramento técnico.
A maior parte do alumnado era de Narón, se ben acudiron persoas de Ferrol e Mugardos, materializando así as iniciativas impulsadas desde diferentes municipios da comarca, entre eles Narón, para colaborar nesta área. Catalina García subliñou a importancia de continuar traballando nesta liña e agradeceu a participación no curso de tódolos asistentes. “Quero animar tamén ao resto de entidades e veciños a participar en futuras accións formativas para continuar impulsando a Participación Cidadá no Concello de Narón”, asegurou.
A concelleira avanzou ademais que o vindeiro mes de maio desde a área de Participación Cidadá convocaranse uns obradoiros sobre os orzamentos participativos. Será unha vez que rematen os Consellos Territoriais desenvolvidos nas parroquias –tan só está pendente de celebrar o de Doso-. Nas xuntanzas traballarase coas propostas recollidas meses Consellos e debatirase a necesidade e prioridade das mesmas, tal e como apuntou a edil.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal