Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO COLABOROU NUN NOVO ACTO CONMEMORATIVO DO 95 ANIVERSARIO DA ESCOLA RURAL DE SEDES
O CONCELLO COLABOROU NUN NOVO ACTO CONMEMORATIVO DO 95 ANIVERSARIO DA ESCOLA RURAL DE SEDES
O rexedor local, José Manuel Blanco, e edís da corporación local participaron na convocatoria, que incluíu o descubrimento dunha placa e a plantación de trece árbores autóctonas nas inmediacións do recinto feiral do Trece
Narón, 28 de abril de 2016. Nenos e nenas da Escola Rural de Sedes, acompañados por familiares e por representantes da Asociación de Veciños “Rosa dos Ventos”, da mesma parroquia, participaron nun novo acto con motivo da conmemoración do 95 aniversario das citadas instalacións educativas, que se celebra este ano. A iniciativa, que consistiu no descubrimento dunha placa e na plantación de trece árbores autóctonas nas inmediacións do recinto feiral do Trece, contou tamén coa participación do alcalde, José Manuel Blanco; da concelleira de Cultura, Marián Ferreiro e do edil de Urbanismo, Manuel Ramos.
Veciños e veciñas da parroquia impulsan un programa cun total de trece medidas coas que tratan de evitar o peche da Escola Rural de Sedes e garantir a continuidade no tempo da súa actividade. A proposta desta mañá enmarcouse na materia de Educación Medioambiental, e a través da mesma ensinouse aos nenos e nenas cómo plantar unha árbore tras descubrir unha placa colocada nunha pedrafita en lembranza dos maiores da zona e da importancia do traballo que realizaron plantando diferentes especies de árbores na zona. Precisamente no seu recordo se plantaron tamén trece árbores de diversas variedades: espiños, abruñeiros, nogueiras, cereixeiras, cameleiros e abruñeiros, entre outros, todos eles cedidos por Ramiro Martínez, propietario do Viveiro O Pomariño, na Capela, que tamén explicou aos menores o sistema de plantación deste tipo de especies.
O goberno local respalda os actos impulsados pola veciñanza de Sedes con motivo do 95 aniversario da Escola Rural da parroquia. O pasado mes de marzo o rexedor local entregou un pergamiño á directora do centro, Cristina Fernández, en recoñecemento da labor educativa desenvolvida durante eses anos na parroquia. Nesa xornada tamén se procedeu ao descubrimento dunha placa localizada no patio da escola.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal