ESCOLARES DO CPI O FEAL E DA ASOCIACIÓN NOSA SEÑORA DE CHAMORRO VISITARON O CONCELLO
O alcalde, José Manuel Blanco, recibiu no salón de plenos aos alumnos e alumnas dos dous centros
Narón, 29 de abril de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu dúas novas visitas de alumnado do municipio no salón de plenos. A primeira, ás 10.00 horas, foi dun grupo de vinte e cinco estudantes de sexto curso de Primaria do CPI do Feal e a continuación, sobre as 11.00, chegaron dezasete rapaces e rapazas da Asociación Nosa Señora de Chamorro.
Todos os visitantes recibiron unha serie de explicacións sobre o Concello e o funcionamento da administración local e tiveron a oportunidade de conversar co alcalde, que respostou a cantas preguntas lle formularon os representantes de ambos centros.
Como recordo da súa visita ao Concello naronés todos eles recibiron un agasallo institucional.