Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PATROCINA A IV MOSTRA DA CAMELIA CIDADE DE NARÓN, ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN GALEGA DA CAMELIA
Terá lugar os días 29 e 30 de Marzo no Centro Comercial Odeón, e participarán 41 expositores venidos de toda Galicia.
Narón, 26 de Marzo de 2008.- A Asociación Galega da Camelia ven de presentar a IV Mostra da Camelia Cidade de Narón, que acollerá o Centro Comercial e de Ocio Odeón o vindeiro fin de semana (29 e 30 de Marzo), coa inauguración oficial prevista para o sábado ás 17 horas. Este evento está patrocinado polo Concello de Narón e a Deputación da Coruña. A organización do certamen habilitará un espazo de 90 metros cuadrados destinados ós 41 expositores que amosarán os seus mellores exemplares. A Concelleira de Festas e Ocio de Narón, Mª del Mar Gómez, animou a tódolos veciños/as a visitar esta mostra, concebida como “un encontro entre as persoas interesadas no mundo da camelia”, segundo as súas verbas. Do total de expositores que participan neste IV certamen, 16 proceden da comarca de Ferrolterra mentras que outros 17 son da provincia de A Coruña. O resto, ata chegar ós 41 participantes citados, desprazaranse dende distintos puntos de Galicia. O presidente da recién creada Asociación Galega da Camelia, Xose María Rivera Arnoso, explicou que existen múltiples variedades desta flor “ainda que a xente pensa que só hai tres tipos de camelia. A realidade é que están a xurdir moitas outras novas”, sinalou respecto ós exemplares que se poderán ver este fin de semana en Odeón. A Asociación Galega da Camelia foi constituida no mes de Xaneiro do 2008, e ten a súa sede na cidade de Narón. A presidencia recae en Xose María Rivera Arnoso (ex alcalde de Fene), a vicepresidencia en Tomás Casal, e a secretaría xeral en Enrique Gómez (ex concelleiro de Narón). No momento da súa fundación, estivo constituida por 18 membros, aínda que nestes meses a cifra aumentou considerablemente. Na actualidade, esta asociación conta con socios de toda a provincia de A Coruña, as Rías Baixas e incluso Portugal.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal