Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA EN CATRO CURSIÑOS MONOGRÁFICOS DE CULTURA TRADICIONAL
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA EN CATRO CURSIÑOS MONOGRÁFICOS DE CULTURA TRADICIONAL
O Padroado da Cultura organiza as convocatorias, que terán lugar os días 16 e 17 de maio no Pazo
Narón, 30 de abril de 2016. O Padroado da Cultura do Concello de Narón convoca catro cursiños monográficos de Cultura Tradicional que se desenvolverán os días 16 e 17 de maio. A concelleira da área, Marián Ferreiro, avanzou que se trata de sesións de Percusión; Bailes “agarrados”; Construción de Palletas e Percusión de man e canto tradicional. A actividade conta coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos, tal e como apuntou a edil, que indicou tamén que en total se ofertan 79 prazas e que as clases terán lugar nas instalacións do Pazo da Cultura.
O percusionista Miguel Anxo López será o encargado de impartir as clases do cursiño monográfico de Percusión, para o que hai quince prazas e que terá lugar o luns 16 de maio entre as 17.00 e as 21.00 horas e o martes día 17 de 10.00 a 14.00. O alumnado aprenderá técnicas para o tambor, o manexo de patróns rítmicos de música tradicional e tamén ideas para a construción de arranxos para grupos tradicionais.
O martes 17 de maio, entre as 11.00 e as 13.00 horas terá lugar o cursiño de Bailes “agarrados”. O mestre de Baile tradicional Gustavo Couto será o encargado destas sesións, ás que poderán asistir un máximo de trinta persoas. Coñecemento e execución de diferentes bailes agarrados espallados pola Comunidade galega, como as muiñeiras, os pasodobres ou as mazurcas, son algunhas das modalidades sobre as que se formará ao alumnado.
A Construción de palletas será outro dos cursos a impartir, neste caso os días 16 de maio, de 17.00 a 21.00 horas e o 17 de maio, de 10.00 a 14.00. As catorce persoas que, como máximo, poden asistir a estas clases, adquirirán coñecementos sobre os materiais necesarios para construír palletas e tamén o modo de elaboralas. O mestre será Jaime Pena, con ampla experiencia nesta temática.
Outro dos cursiños programados desde o Padroado da Cultura de Narón é sobre Percusión de man e Canto tradicional. Ofértanse un total de vinte prazas para esta modalidade, que se desenvolverá os días 16 de maio, de 17.00 a 21.00 e na xornada do 17, de 10.00 a 13.00-14.00 horas. O programa formativo destas sesións inclúe técnicas de pandeireta, pandeiro cadrado e pandeira, e abordarase tamén a relación entre as melodías tradicionais e os modos antigos.
A concelleira de Cultura incidiu en que estes catro cursos se convocan “co obxectivo de complementar ás clases que se imparten ao longo do ano no Padroado da Cultura de Narón”. Así mesmo, Ferreiro avanzou que desde a área de Cultura se prevén convocar outros ao longo deste mesmo ano.
O prazo de inscrición nestes cursos permanecerá aberto entre os días 2 e 12 de maio –ambos incluídos- e deberá formalizarse no Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30, ou ben por transferencia bancaria, enviando un correo electrónico cos datos persoais e xustificante de ingreso ao correo: l.perez@naron.es. O prezo de cada un dos cursos é de 25 euros para as matrículas ordinarias, se ben os alumnos das Escolas do Padroado da Cultura de Narón e da Asociación de Gaiteiros Galegos terán que abonar só 15 euros. As persoas interesadas en recibir máis información poden facelo chamando ao número de teléfono 981 391 144 ou do correo electrónico: l.perez@naron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal