Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O "IV DESFILE SOLIDARIO" CELEBRARASE O 13 DE MAIO NO PAZO DA CULTURA
Na convocatoria recolleranse doazóns económicas, de roupa e alimentos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón
Narón, 2 de maio de 2016. O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro 13 de maio, ás 20.00 horas, a cuarta edición do Desfile Solidario, unha iniciativa impulsada desde a Concellería de Acción Social para recadar produtos destinados ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. A edil da área, Catalina García, presentou o evento acompañada por Olga Ameneiro, da Asociación Comercio de Narón (que este ano colabora na iniciativa); Sergio Fernández, da Asociación Dignidade e José Manuel González, de Cáritas Santiago Apóstol. Estas dúas últimas entidades, xunto coa delegación de Ferrolterra da Plataforma de Afectados pola Hipoteca, colaboran tamén na organización deste evento. As entradas para acudir –que poden recollerse a partir do 4 de maio nos locais de Dignidade de Narón e Ferrol e no Pazo da Cultura de Narón-, entregando alomenos un quilo de alimentos non perecedeiros ou roupa. A xornalista naronesa Raquel Rodríguez será a encargada de presentar este evento solidario. As persoas que desexen desfilar con roupa do Centro de Recursos Solidarios ou cedida por establecementos locais deben poñerse en contacto co persoal do local que a asociación Dignidade ten na rúa 25 de Xullo, en Narón (frente ao centro de saúde). García agradeceu a colaboración nesta cita solidaria das diferentes entidades e tamén das persoas que actuarán e desfilarán na convocatoria. Nesa xornada tamén se sortearán a través dunhas rifas que poderán adquirirse ese mesmo día no Pazo –a un euro- prendas, complementos e diversos produtos cedidos por diferentes colaboradores. Hostaleiros da localidade sumáronse tamén a esta iniciativa solidaria, así como artistas ou agrupacións que actuarán no desfile. Sobre estas últimas, Sergio Fernández indicou que participarán profesorado e alumnado da Escola de Música da Vaca, de Ferrol, o Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos e Carlos Mosquera Mos. Os que non poidan acudir o día 13 ao Pazo dispoñen dunha “Fila 0” (Banco Pastor: ES-95-0238-8158-060600070448) na que poden realizar doazóns económicas para axudar a pagar recibos de alugueiros, luz, auga, etc. ás familias do Centro de Recursos Solidarios. Así mesmo, o día do desfile instalarase no Pazo unha urna na que tamén se poderán realizar aportacións económicas. A edil de Acción Social animou á veciñanza de Narón e doutros concellos a acudir a este acto solidario para así, dixo “encher o Pazo de solidaridade, ao igual que en anteriores edicións”. García recordou que, de xeito paralelo a este evento, a Asociación Comercio de Narón está levando a cabo unha campaña de recollida de alimentos de hixiene persoal en diferentes establecementos da localidade: Bioreona, Calzados Mara, Patito de Goma, Peluquería Boutique Mónica Cereijo, Centro de Estética Rocío Rodríguez, Peluquería C+Ce, Estudio Fotográfico Noelia Soto, Prado Marquetería, Óptica 826, Punto PC, Óptica Valero e Supermercado Migros. Ás doazóns aquí recollidas para o Centro de Recursos Solidarios de Narón poderán facerse ata o vindeiro 10 de maio e ás mesmas sumaranse tamén as que se realizarán desde as empresas Gadisa e Eroski. Desde o Centro de Recursos Solidarios de Narón aténdese a veciños e veciñas con escasos recursos, maioritariamente de Narón aínda que tamén doutros concellos da comarca como Ferrol, Neda e Valdoviño, apuntou García.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal