Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ALUMNOS E ALUMNAS DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN REPRESENTARÁN A OBRA "O ÚNICO QUE HAI QUE FACER É SALTAR SOBRE A LÚA"
ALUMNOS E ALUMNAS DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN REPRESENTARÁN A OBRA
A posta en escena terá lugar o 5 de maio ás 20.30 horas no Pazo da Cultura
Narón, 3 de maio de 2016. Os alumnos e alumnas de terceiro curso da Escola de Teatro de Narón subiranse ao escenario do Pazo da Cultura este xoves, día 5, para representar a obra “O único que hai que facer é saltar sobre a lúa”. A iniciativa enmárcase no programa de actuacións que realiza o alumnado das Escolas do Padroado da Cultura do curso 2015/2016. A representación deste xoves terá lugar a partir das 20.30 horas.
Esta obra musical está dirixida por Celia González, profesora da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón. Trátase dun traballo de investigación escolar no que os oito alumnos e alumnas do último curso da Escola de Teatro cantarán e bailarán varios temas da historia do teatro musical. Celia Gómez propuxo ao alumnado que elixise musicais para, posteriormente iniciar unha tarefa de investigación sobre datos curiosos dos mesmos e, a partir de aí, a docente procedeu a montar os números de canto e baile. “Jesucristo Superstar”, “Funny Girl” e “Los miserables” foron algúns dos escollidos polos rapaces e rapazas, que cantarán temas en versión orixinal ou galega, dependendo da peza. Sobre o escenario haberá tamén dous músicos para os temas dos espectáculos en directo: Francisco Couce, percusionista con caixón andaluz e pianista, e Xoán Padín, guitarrista. Os diferentes números iranse sucedendo a través dun nexo entre eles mediante a aportación deses datos curiosos que buscaron os alumnos e alumnas sobre os diferentes musicais a interpretar nesta convocatoria.
A actividade ten unha duración total dunha hora e as persoas interesadas poden recoller as entradas –de balde- na billeteira do Pazo da Cultura, en horario de 10.30 a 14.00 e de 18.00 a 20.30.
As oito persoas matriculadas no último curso da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón completarán co remate das clases deste ano o ciclo de 1.500 horas formativas, ás que hai que sumar as correspondentes ás actividades complementarias que se desenvolven durante o curso.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal