Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA AS OBRAS TEATRAIS "V.I.P." E "JIM E A ILLA DO TESOURO"
As entradas para poder ver estes espectáculos están xa á venta na taquilla do Pazo
Narón, 3 de maio de 2016. As compañías teatrais Els Joglars e Eme2 Emoción&Arte protagonizarán os dous espectáculos que se desenvolverán esta fin de semana no Pazo da Cultura. Na xornada do sábado, día 7, ás 20.00 horas, será o turno de Els Joglars, que porá en escena a obra “V.I.P.”, unha comedia dirixida ao público adulto e cunha duración dunha hora e media. Esta peza pretende facer reflexionar ao espectador sobre o comportamento da sociedade en xeral e, en particular o dos pais e nais cos seus fillos e fillas. Para iso conta a historia dun rapaz que alcanza o trato de Very Important People (VIP) e chega a converterse, cunha serie de privilexios, nun neno intratable. As entradas, xa á venta na taquilla do Pazo da Cultura, teñen un prezo de 15 euros para o público en xeral e de 10,50 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante e desempregados. O teatro chegará novamente o domingo, día 8, ao Pazo da man da produtora Eme2 Emoción&Arte, que representará a obra “Jim e a illa do tesouro” a partir das 18.00 horas. Actores e monicreques dirixiranse ao público infantil con esta peza, repleta de música, humor, liortas, piratas, tesouros e unha illa remota na que se sucederán diferentes historias protagonizadas por Jim Hawkins, un pequeno que soña con vivir unha serie de aventuras e converterse nun mariño. Navegará por medio mundo e vivirá múltiples aventuras para, ao final, descubrir unha amizade eterna. As entradas para ver este espectáculo poden adquirirse xa na taquilla do Pazo da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante ou desempregados.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal