Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE E A CONCELLEIRA DE FORMACIÓN VISITARON AO ALUMNADO DE CATRO ACCIÓNS FORMATIVAS IMPULSADAS DESDE O CONCELLO
Os cursos impártense no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e enmárcanse no programa "Habilita 2016" e no "II Plan Municipal de Igualdade" do Concello
Narón, 6 de maio de 2016. O alcalde, José Manuel Blanco, e a edil de Formación, Natalia Hermida, visitaron ao alumnado de tres cursos do programa formativo municipal “Habilita 2016” e un do “II Plan Municipal de Igualdade” cuxas sesións se imparten nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. O rexedor local e a concelleira felicitaron aos alumnos e alumnas polo traballo que están a realizar e animáronos a continuar apostando pola formación para ampliar os seus coñecementos en determinadas materias de cara a ter máis posibilidades á hora de poder acceder ao mercado laboral. O alumnado das accións formativas de Electricidade Básica -300 horas-; Panadería e Bolería -310 horas- e Xestión de almacén-Carretilleiro -100 horas-, recibiu a visita de Blanco e Hermida, que comprobaron en primeira persoa os avances do colectivo nos últimos meses, desde o inicio das clases que están a piques de rematar (nalgunhas materias comezarán o vindeiro mes as prácticas en empresas localizadas en Narón, Ferrol, Fene e Mugardos). Os tres cursos teñen un total de 45 alumnos -15 por cada modalidade- e forman parte do programa formativo municipal “Habilita 2016”. Con cargo a esta iniciativa de formación convocáronse tamén na localidade cursos de Peixería e Conversa en Inglés, tamén dirixidos a desempregados da localidade e con quince prazas cada un. Así mesmo, recibiron a visita dos representantes municipais as alumnas dun dos dous grupos do curso de Confección que tamén se imparte nas citadas instalacións municipais. Esta acción formativa –que incluíu tamén outros cursos- enmárcase no “II Plan Municipal de Igualdade” de Narón e participan no mesmo un total de vinte mulleres desempregadas –dez en cada grupo-. O alcalde e a edil de Formación comprometeron o respaldo do goberno local a este tipo de programas e agradeceron a participación do alumnado nas diferentes accións formativas e tamén das empresas que colaboran na parte das prácticas incluídas nestes cursos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal