Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACTUALIZA O DIRECTORIO PÚBLICO DE ENTIDADES CIDADÁS
As asociacións interesadas en anotarse no documento deben poñerse en contacto coa Escola de Participación Cidadá de Narón
Narón, 10 de maio de 2016. O Concello de Narón está actualizando o directorio público de entidades cidadás da localidade e da comarca que desenvolven actividades no municipio. A edil de Participación Cidadá, Catalina García, explicou que calquera entidade que queira formar parte deste directorio debe poñerse en contacto coa Escola de Participación Cidadá a través do mail: escoladeparticipacion@cidadania.coop. Así mesmo, poden descargar da páxina web do Concello (www.naron.es) o impreso que deben cumprimentar e entregar asinado no Rexistro municipal. No documento que se está elaborando, cuxa última actualización data de comezos deste mesmo mes de maio, tal e como apuntou a concelleira naronesa, figuran actualmente un total de corenta e unha asociacións. Todas elas agrúpanse atendendo ás áreas de traballo en: veciñais, de mulleres, culturais e socioculturais, sociosanitarias, de diversidade funcional, Anpas, deportivas, profesionais e de turismo. Á hora de inscribirse os representantes das entidades deben facilitar o nome da mesma, o dunha persoa de contacto, o enderezo postal, o número de teléfono e, no caso de dispoñer dos mesmos, correo electrónico, páxina web e perfís en redes sociais. Entre os obxectivos deste traballo, ademais de actualizar a información de contacto das entidades cidadás, está o feito de que poidan establecer unha vía de traballo a través da que compartir experiencias e información sobre as súas respectivas áreas.
Descarga de archivos
FICHA DE INSCRICIÓN
Tamaño:132,68 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal