Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ASOCIACIÓN DE TORNEIROS DE MADEIRA "VIRUTAS" INICIA A SÚA ACTIVIDADE NO MUNICIPIO
O colectivo anunciou que se poden asociar as persoas interesadas -non se precisa material propio- abonando una cuota de corenta euros ao ano
Narón, 10 de maio de 2016. O presidente da Asociación de Torneiros de Madeira “Virutas”, Adolfo Mira, informou á edil de Cultura, Marián Ferreiro, do inicio da actividade deste novo colectivo, con sede no lugar da Faísca, na parroquia do Couto. O obxectivo desta asociación, tal e como apuntou Mira, é “promocionar unha actividade que esmorece, apostando conxuntamente pola artersanía clásica da madeira pero sen deixar de lado a innovación”. Ademais de Adolfo Mira forman parte da directiva Juan Carlos Pajón, secretario; Pablo Pérez, tesoureiro; José Manuel Pedrós e Miguel Rebaque, vocais. A concelleira naronesa felicitou aos impulsores desta iniciativa a través do seu representante e subliñou a importancia de “apostar por manter vivas este tipo de profesións, moi vencelladas á economía de Galicia hai uns anos e das que na actualidade se potencia en moitos casos o seu traballo de elaboración de pezas de madeira artesás e únicas, o que lles confire un valor engadido”. A Asociación de Torneiros de Madeira “Virutas” está aberta a calquera persoa interesada en formar parte da mesma. Para anotarse é preciso poñerse en contacto coa ferretería Canaima de Ferrol (no número 12 da rúa Mestre García Niebla, cunha nave na zona para poder traballar o colectivo), onde están a disposición dos interesados as fichas de inscrición. Pódense apuntar persoas maiores de idade –non precisan dispoñer de material-, sendo necesario aportar unha cuota de corenta euros ao ano. Aquelas persoas que se asocien realizarán un curso no que adquirirán unha serie de coñecementos básicos sobre a materia. O presidente da asociación “Virutas” anunciou que iniciarán proximamente a súa actividade nas asociacións de veciños e centros de maiores da zona, donde se darán a coñecer e amosarán cómo traballan. Entre as actividades impulsadas por estes profesionais da madeira están as demostracións de torneado de diversas pezas en feiras, festas populares e mesmo nas entidades, ata donde se desprazarán con material portátil, apuntan. Cuncas, xarróns, artículos de artesanía con fins decorativos e xoguetes son algunhas das pezas que realizarán nesas sesións de torneado. Hai dúas semanas os integrantes da entidade celebraron a súa primeira xuntanza co fin de darse a coñecer e na actualidade dispoñen xa de proxectos comúns coa Asociación Amigos da Madeira de As Pontes para o vindeiro mes de xuño, tal e como acordaron nunha reunión mantida entre os representantes de ambas entidades.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal