Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ALUMNAS E ALUMNOS DO COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL SIMULARON UN PLENO MUNICIPAL NO CONCELLO
ALUMNAS E ALUMNOS DO COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL SIMULARON UN PLENO MUNICIPAL NO CONCELLO
O alcalde, José Manuel Blanco, e edís da corporación local presenciaron a sesión desde as bancadas do público
Narón, 12 de maio de 2016. Alumnado de terceiro curso de ESO do colexio Santiago Apóstol, de Narón, participou hoxe na simulación dun pleno no Concello. A actividade, impulsada desde a Concellería de Participación Cidadá e Acción Social, dirixida pola edil Catalina García, comezou ás 12.30 horas. O alcalde, José Manuel Blanco, saudou aos rapaces e rapazas antes de iniciarse a sesión e presenciou o pleno desde as sillas do público, xa que os escolares ocuparon as reservadas á corporación local, o secretario e a interventora municipais. Presenciaron tamén o pleno varios integrantes da corporación local naronesa.
Unha das alumnas do centro asumiu o papel de alcaldesa de Narón, dando a palabra aos seus compañeiros e compañeiras, que debatiron diversos asuntos relacionados coa política municipal seguindo a orde do día redactada por eles mesmos. A edil de Participación Cidadá recordou que a iniciativa responde a unha experiencia piloto á que se apuntou o citado centro escolar. Desde hai unhas semanas os rapaces e rapazas percorreron algúns barrios da localidade para analizar a súa situación. A raíz desas visitas realizaron unha enquisa que cubriron os seus familiares e veciños e veciñas para, a partir de aí, establecer os asuntos a abordar no pleno.
Metidos de cheo no seu papel de concelleiros, explicaban as súas propostas mentres os compañeiros e compañeiras lles rebatían algunhas delas antes de sometelas á pertinente votación plenaria. Mentres un equipo asumía o papel da corporación, parte do alumnado facía o propio co dos xornalistas –grabando a sesión e sacando fotos- e incluso do público, que formulou algunhas preguntas aos novos representantes políticos.
“Estamos moi contentos pola exitosa aceptación desta proposta na que se implicou o colexio Santiago Apóstol, aínda que se ofreceu ao resto de centros da localidade”, apuntou Catalina García. A edil avanzou que a previsión é implantar esta experiencia noutros centros educativos da localidade, aínda que xa de cara ao vindeiro curso escolar.
“A través deste tipo de actividades pretendemos tamén que os rapaces e rapazas se impliquen no movemento asociativo e na vida política, comezando pola súa administración máis próxima, os concellos, ao tempo que implicar ás súas familias e ao resto da sociedade nestas áreas”, subliñou a edil de Participación Cidadá.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal