Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
MÁIS DUN MILLEIRO DE PERSOAS PARTICIPARON NAS "UNIDADES DIDÁCTICAS DOS MAIOS" ORGANIZADAS POLO PADROADO DA CULTURA
MÁIS DUN MILLEIRO DE PERSOAS PARTICIPARON NAS
Programáronse diversas actividades nos colexios da localidade e tamén en entidades veciñais
Narón, 12 de maio de 2016. Algo máis dun milleiro de escolares de educación Infantil e de primeiro e segundo curso de Primaria de varios centros educativos e de diversas entidades de Narón participaron nos últimos días nas “Unidades didácticas dos Maios”. Trátase dunha iniciativa impulsada desde o Padroado da Cultura, cuxa vicepresidenta é a edil da área, Marián Ferreiro, que se desprazou ao colexio Ponte de Xuvia para presenciar a sesión na que participaron nenos e nenas de primeiro e segundo curso do citado centro. En xornadas anteriores realizaron os seus Maios alumnos e alumnas do CRA e dos centros Ayala, Santiago Apóstol, A Solaina, O Feal e Virxe do Mar. A edil de Cultura, Marián Ferreiro, agradeceu a resposta tanto dos centros escolares como dos representantes das diversas entidades do municipio “á hora de implicarse nestas unidades didácticas coas que apostamos por dar a coñecer a historia dos Maios desde a nosa localidade”.
A veciñanza e os menores que participan nesta proposta elaboran o seu propio Maio, coa axuda de persoal do Padroado da Cultura que se despraza aos centros e locais dos diferentes colectivos, empregando material moi colorido para exaltar esta celebración, característica da época primaveral en Galicia. Os traballos realizados exporanse no pavillón polideportivo de Piñeiros, onde poderán verse o sábado, día 14, pola tarde, e tamén o domingo día 15, entre as 11.00 e as 20.00 horas. Deste xeito, os citados traballos inclúense no programa para celebrar os Maios organizado polo Concello de Narón e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros os días 14 e 15 de maio.
No programa das “Unidades didácticas dos Maios” implicáronse a AVV Virxe de Fátima, de Freixeiro; a asociación Semente de Trasancos, de San Mateo; a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, e a Fundación Terra de Trasancos, do Val.
As primeiras convocatorias destas “Unidades didácticas dos Maios” desenvolvéronse o pasado 2 de maio no CPR Ayala, con alumnos de terceiro, cuarto e quinto curso e remataron hoxe no colexio Ponte de Xuvia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal