Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
COMENZA UNHA CAMPAÑA PARA FOMENTAR O CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA
COMENZA UNHA CAMPAÑA PARA FOMENTAR O CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA
Narón, 28 de Marzo de 2008.- O Alcalde de Narón, Xoán Gato, e a Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, presentaron en rolda de prensa unha campaña divulgativa para fomentar o aforro diario de auga, que se porá en marcha de xeito inmediato baixo a iniciativa do Concello de Narón e a empresa mixta de augas Cosma. “Temos que concienciar á xente sobre o uso axeitado da auga, fomentando o seu consumo responsable”, asegurou Díaz ó respecto.

A campaña consta de varias vertientes, entre a publicitaria –realizaranse anuncios en prensa, radio e televisión- e a divulgativa propiamente dita. Neste apartado inclúese un concurso de debuxo no que poderán participar os escolares de tódolos colexios de Narón, sempre dentro da temática de aforro de auga. Tamén se repartirán pegatinas e dípticos nos que se ofrecen consellos para reducir o consumo no baño, no xardín, na cociña e na comunidade en xeral.

A Tenente de Alcalde comentou algúns destes consellos, coma o clásico de colocar unha botella chea dentro da cisterna, co cal pódese aforrar entre 2 e 4 litros en cada uso, ou ducharse en lugar de encher a bañeira (afórranse 150 litros). Esta campaña propón tamén encher os electrodomésticos (lavodora e lavalouzas) antes de poñelos a funcionar, e arranxar as billas que teñan fugas.

Pola súa banda, Xoán Gato recalcou a importancia de cuidar ó máximo o consumo da auga, que procede do embalse de As Forcadas e que suministra a veciña cidade de Ferrol. “Tivemos unha negociación moi difícil, porque o Concello de Ferrol quería subirnos moito o prezo ó que nos vende a auga. E ó final conseguimos que non nos suban o 100% neste ano, senón só o 30%. Pero aínda así, temos que extremar o aforro”, explicou o Alcalde.

O rexedor tamén salientou o papel que está a realizar a empresa mixta de augas Cosma dende a súa creación, no ano 2002. “Dende entón, a reducción do consumo de auga foi do 33% e ó mesmo tempo nos últimos anos se abonaron 3.000 novos clientes”, explicou Gato. Froito desa xestión tamén foi a reducción nun 4% do volume da auga comprada no 2007 a Ferrol (en total mercáronse 3.865.000 m3), respecto ó ano anterior.

O Alcalde lembrou que a partires do mes de Abril, o Concello pasará a facturar a auga por consumo real, o que beneficiará ós consumidores que estén por debaixo dos 28 m3. “O 60% da poboación consume menos desta cantidade ó trimestre, e a intención é que nos acheguemos todos a ese consumo. Tamén queremos reducir nun 10% a cantidade de auga que mercamos a Ferrol”, salientou. Pola contra, os abonados que excedan esa cantidade de corte, serán penalizados no recibo da auga.

Xoán Gato finalizou resaltando que a nova Ordenanza Municipal reguladora dos prezos da auga beneficia tamén ós pequenos comercios que apenas consumen este liquido elemento. “A partires de agora, deixarán de cotizar como consumidores industriais, e pasarán a considerarse domésticos”, dixo.

De xeito complementario a esta campaña de aforro no consumo da auga, o Concello de Narón está a levar a cabo unha importante obra de renovación das tuberías de fibrocemento, sustituíndoas por outras novas de materiais non contaminantes coma o ferro fundido. “Esta medida, presupostada en 2.800.000 euros, tamén nos permitirá reducir o consumo e mellorar a calidade da auga”, concluíu o Alcalde.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal