Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
EXITOSA CELEBRACIÓN DOS MAIOS NA PARROQUIA DE PIÑEIROS
EXITOSA CELEBRACIÓN DOS MAIOS NA PARROQUIA DE PIÑEIROS
O Concello e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, organizaron un completo programa de actos que se desenvolveu no pavillón polideportivo da parroquia
Narón, 14 de maio de 2016. A parroquia de Piñeiros acolleu a celebración dos actos programados polo Concello e a Sociedade Cultural Areosa con motivo dos Maios. A edil de Cultura, Marián Ferreiro, asistiu á convocatoria, que comezou ás 17.00 horas no pavillón polideportivo de Piñeiros, onde numerosos veciños e veciñas se implicaron nas actividades que alí se sucederon durante a tarde. A concelleira naronesa asegurou que, a pesares do mal tempo –que obrigou a suspender o desfile de Maios previsto desde o adro da igrexa parroquial ata o polideportivo- a cita, que este ano alcanzou a súa décimo novena edición, foi todo un éxito. Ferreiro agradeceu o traballo realizado pola veciñanza para manter viva na localidade a tradición dos Maios. “Un ano máis, os nenos e nenas elaboraron os seus Maios nos colexios de Narón, os veciños e veciñas fixérono desde as asociacións, ao igual que outras entidades sociais do municipio, polo que quero agradecer a súa dedicación e esforzo para que esta convocatoria fose tan exitosa”, subliñou a concelleira de Cultura.
Os diferentes Maios expuxéronse no pavillón polideportivo, onde tamén se realizou un colorido tapiz floral. A Asociación de Veciños Vixe de Fátima, de Freixeiro; a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros; a Asociación Sociocultural de Minusválidos; a asociación Semente de Trasancos, de San Mateo; a Fundación Terra de Trasancos, do Val; Os Parrandolos e o Obradoiro de Construción de instrumentos do Padroado da Cultura amosaron os seus Maios en Piñeiros. Así mesmo, no pavillón puidéronse ver os traballos do Obradoiro de arte floral organizado polo Concello.
O apartado musical da convocatoria correu a cargo dos grupos do Padroado da Cultura de Narón, que animaron ao público asistente á celebración no pavillón de Piñeiros coas actuacións que se sucederon ao longo da tarde, protagonizadas por alumnado das Escolas do Padroado. Tamén aos alumnos e alumnas das citadas Escolas agradeceu a edil de Cultura a súa participación nesta actividade festiva.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal