Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CELEBRA CON VARIOS ACTOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O 17 de maio as actividades para homenaxear ao autor galego Manuel María sucederanse en diferentes zonas do municipio
Narón, 14 de maio de 2016. Preto de medio cento de nenos e nenas participaron na actividade “Poemas e contos con Manuel María”, a primeira das incluídas no programa deseñado polo Concello de Narón para conmemorar o Día das Letras Galegas. Os rapaces e rapazas presenciaron na Biblioteca municipal a sesión protagonizada pola contacontos Marisa Irimia, que repasou parte da obra do autor galego Manuel María, ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas. Os asistentes implicáronse na actividade, coñecendo un pouco máis o traballo do homenaxeado e gozando co repertorio musical preparado para a ocasión, a cargo dunha violinista. A celebración dos actos do Día das Letras Galegas continuará en Narón o 17 de maio. Ás 10.00 horas preto dun cento de persoas participarán na “1ª Andaina polas Letras”, un percorrido desde a praza da Gándara cara ao mosteiro do Couto e o muíño das Aceñas. Os camiñantes recibirán un agasallo como recordo desta actividade. Nesa mesma xornada, a partir das 12.30 horas actuará na praza da Gándara o grupo de música tradicional galega do Padroado da Cultura de Narón. Xa pola tarde, entre as 17.00 e as 19.00 horas sucederanse varias actividades na praza de Galicia –en caso de mal tempo trasladaranse ao pavillón polideportivo de Piñeiros-: Biblioteca na rúa, enredos e xogos populares, un Photocall de Manuel María no que a xente poderá fotografiarse e tamén terá lugar unha actuación musical a cargo do Coro Solidario do IES Terra de Trasancos. O último acto do Día das Letras Galegas en Narón será pola tarde, a partir das 19.00 horas, coa actuación no Pazo da Cultura de Os Resentidos e a Lira de Ribadavia. As entradas poden adquirirse na taquilla do Pazo a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para os abonados.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal