Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O DOCUMENTAL "O PILOTO" PROXECTARASE O 20 DE MAIO NO PAZO DA CULTURA
O DOCUMENTAL
O filme repasa a vida de José Castro Veiga, o último guerrilleiro antifranquista galego asasinado pola Garda Civil no ano 1965
Narón, 18 de maio de 2016. O Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón acollerá o día 20 de maio a proxección de “O Piloto”, un documental sobre a vida de José Castro Veiga –coñecido como “O Piloto”-, integrante no seu día do Exército Guerrilleiro Galego. O Concello de Narón e a Asociación Memoria Histórica Democrática organizan o acto con motivo da colaboración aprobada o pasado mes de marzo -a través dunha moción- sobre a conmemoración da II República, coincidindo co 85 aniversario da súa proclamación. O documental poderá verse, de balde, a partir das 19.00 horas.
“O Piloto” conta a historia do último guerrilleiro antifranquista galego, que foi asasinado pola Garda Civil preto da presa de Belesar no ano 1965. Os asistentes terán a oportunidade de ver o amplo traballo documental realizado polo equipo e no que se inclúe documentación inédita.
Trala proxección de “O Piloto” –a duración é dunha hora e vinte minutos aproximadamente- haberá un coloquio no que intervirán Xosé Reigosa, director do documental; o xornalista e guionista Alfonso Eiré; o historiador Santiago Macías e Enrique Barrera, da Asociación Memoria Histórica Democrática.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal