Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A "VIII MOSTRA DE TEATRO AMADOR" LEVA Á PARROQUIA DE PEDROSO A OBRA "NON HAI LADRÓN QUE POR BEN NON VEÑA"
A
Cada domingo, ata o 5 de xuño, haberá unha representación con entrada de balde no local da Pombiña a partir das 19.00 horas
Narón, 19 de maio de 2016. A “VIII Mostra de Teatro Amador” continúa desenvolvéndose este mes na zona rural da localidade. Nesta ocasión as representacións sucederanse os domingos, ata o 5 de xuño, nas instalacións da Pombiña, en Pedroso. O Padroado da Cultura de Narón convoca esta actividade, de balde, co fin de achegar o teatro aos veciños e veciñas que residen na zona rural de Narón, tal e como recordou a vicepresidenta do organismo e edil de Cultura, Marián Ferreiro. Este domingo, día 22, representarase “Non hai ladrón que por ben non veña”, a cargo do Obradoiro de Teatro da Fundación Terra de Trasancos, do Val. Silvia Casal é a encargada das adaptacións e da dirección desta obra.
Os espectáculos previstos no programa a desenvolver en Pedroso con cargo a este ciclo –que xa se levou a cabo na parroquia de San Xiao- continuarán o vindeiro 29 de maio, coa obra “A creación”, do Obradoiro de teatro de Piñeiros e dirixida por Maite Costa. A última cita desta mostra na citada parroquia será o 5 de xuño, co espectáculo “Quen vai á guerra?”, do grupo de teatro da Pombiña, dirixido por Betty Couce.
Todas as representacións previstas no programa comezarán ás 19.00 horas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal