Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLEU O ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO "XXVII CERTAME INTERCENTROS"
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLEU O ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO
Unha representación do alumnado dos centros públicos de ensino de Narón acudiu á convocatoria final, organizada este ano polo IES Terra de Trasancos
Narón, 19 de maio de 2016. O Auditorio municipal acolleu esta mañá, a partir das 11.30 horas, o acto de entrega de premios do “XXVII Certame Intercentros Concello de Narón”. Unha representación do alumnado dos centros participantes presenciou a convocatoria, presidida polo alcalde, José Manuel Blanco, e á que ademais da edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, acudiron representantes de todos os grupos políticos da corporación local naronesa, encargados de entregar algúns dos premios concedidos neste certame.
Un alumno e unha alumna de segundo curso da Escola de Teatro do Padroado da Cultura de Narón encargáronse de presentar o evento, que comezou coa actuación dos integrantes do Coro Solidario do IES Terra de Trasancos, que interpretou varios temas. Finalizado o espectáculo musical deu comezo o acto de entrega dos diferentes premios, correspondentes ás modalidades de: Audiovisuais, Expresión oral e canción en galego; Cómic; Narrativa; Poesía; Reportaxe Xornalística e Teatro Escrito e tamén o concurso de Muráis presentados polos diferentes centros participantes. Alumnos e alumnas dos CEIP Ponte de Xuvia, Virxe do Mar, A Solaina, Piñeiros, A Gándara, o CRA de Narón, o CPI do Feal e dos IES Terra de Trasancos e das Telleiras subiron a recoller os premios que obtiveron nas diferentes modalidades.
O alcalde, José Manuel Blanco, pechou o acto agradecendo a colaboración do profesorado dos centros públicos de Narón e de todos os rapaces e rapazas que participaron no certame. Así mesmo, o rexedor local destacou o feito de que o evento alcanzou este ano a súa vixésimo sétima edición, o que constata, subliñou, a consolidación deste certame na localidade. Blanco valorou tamén o traballo do centro organizador da convocatoria deste ano, o IES Terra de Trasancos, destacou o realizado polos diferentes organizadores en edicións anteriores e animou ao CEIP da Gándara a implicarse na organización da que será a vixésimo oitava edición do certame, que se desenvolverá o vindeiro ano na localidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal