Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS ÓS ALUMNOS DO PROGRAMA DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL E DO PLAN FIP 2007
Un centenar de persoas recolleron os seus certificados, logo de asistir ós cursos do programa ALFATEC e ós cursos de formación FIP
Narón, 8 de Abril de 2008.- A Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Paloma González Cuevas, presidiu onte no Auditorio a entrega de diplomas dos cursos de Alfabetización Dixital (ALFATEC) e dos cursos de formación do Plan FIP 2007, estos últimos organizados polo Concello de Narón en colaboración coa Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo. Dentro desta última modalidade, entregáronse un total de 23 diplomas acreditativos ós alumnos dos cursos de Albanel, Electricista de Edificios, e Auxiliar de Axuda a domicilio. As accións formativas do Plan FIP teñen como finalidade principal a inserción laboral de desempregados/as, e aínda que este obxectivo se mide a 12 meses de rematado o curso, a porcentaxe de colocación está sendo moi favorable. De xeito, a tan só 4 meses do seu remate xa hai un 44% de colocacións nos cursos do Plan FIP. No caso do programa de Alfabetización Dixital (ALFATEC), dende o Concello se entregaron os diplomas correspondentes a 5 cursos de iniciación ó manexo de ordenadores, iniciación a procesadores de textos, iniciación a Internet, iniciación á fotografía dixital e iniciación ás follas de cálculo. Cada un deles tivo unha edición de mañá e outra de tarde, polo que en total se entregaron as acreditacións correspondentes a 10 seminarios de ALFATEC que reuniron a case 100 alumnos a partires de 18 anos de idade, cun grado de avalición positiva xa que máis do 80% dos inscritos finalizaron os cursos. Con estas últimas accións, a Concellería de Formación Laboral e Emprego pretende introducir á poboación nas tecnoloxías da comunicación, co fin de evitar a chamada “brecha dixital”. A Concelleira de Formación Laboral e Emprego estivo acompañada na entrega de diplomas pola xerente da Fundación Caixa Galicia en Ferrol, Elena Cardona, e o secretario da delegación provincial de Traballo, José García.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal