Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DOS OBRADOIROS MUNICIPAIS DE TEATRO DO PADROADO DA CULTURA ACTUARÁ ESTA FIN DE SEMANA NO AUDITORIO MUNICIPAL
As actuacións inclúen varias obras e desenvolveranse os días 21 e 22 de maio pola tarde
Narón, 20 de maio de 2016. O Auditorio municipal de Narón acollerá esta fin de semana, o sábado e o domingo, as “Mostras de Actividade Escolar 2015-2016” dos Obradoiros municipais de Teatro de Narón. Un total de 83 alumnos e alumnas dos Obradoiros de teatro subiranse ao escenario para representar varias obras e poñendo así o broche final ao curso iniciado o pasado outubro e que rematará este mes. A vicepresidenta do Padroado da Cultura e edil da área, Marián Ferreiro, destacou o traballo realizado polos alumnos e alumnas que asisten ás clases de teatro e tamén do profesorado que as imparte. Así mesmo, a concelleira animou á veciñanza a asistir a estas representacións, todas de balde, para comprobar os resultados e os avances dos participantes nestes obradoiros teatrais, a cargo do Padroado da Cultura de Narón e descentralizados nas diferentes parroquias e barrios da localidade. Na xornada do sábado 21 será o turno do Obradoiro de teatro da Fundación Terra de Trasancos do Val –con sete persoas-, que a partir das 18.30 horas representará a peza “Non hai ladrón que por ben non veña”. Ás 19.30 horas será o turno do Obradoiro de teatro de Piñeiros –once persoas-, que representará “A creación”. O fin de curso dos Obradoiros infantís terá lugar na tarde do domingo 22, a partir das 17.30 horas. Sucederanse os protagonizados polo alumnado dos do Alto -8 persoas-, coa obra “O soldado pequeniño”; de Pedroso –quince alumnos e alumnas-, con “Hamlet”; da Solaina -20 persoas-, con “Don Quijote de la Mancha” e “Na casa de Xerarda a Calva” (cun final feliz) e, por último, da Gándara -22 persoas-, coas obras “Lisis trata” e “O escenario alucinante" (ou “Un retablo de maravillas”).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal