Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
INTEGRANTES DO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL SEITURA 22 MANTIVERON UNHA REUNIÓN NO CONCELLO
INTEGRANTES DO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL SEITURA 22 MANTIVERON UNHA REUNIÓN NO CONCELLO
O colectivo redactará un plan estratéxico implicando a varios sectores para conveniar coa Xunta os fondos de desenvolvemento rural do plan Leader 2014-2020
Narón, 23 de maio de 2016. Os alcaldes dos vinte e dous concellos que integran o Grupo de Desenvolvemento Local Seitura 22 estaban citados no Concello de Narón a unha “mesa institucional” para abordar a convocatoria realizada pola Xunta de Galicia para a xestión dos fondos Leader 2014-2020. O presidente da entidade e alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, presidiu a convocatoria, á que asistiron rexedores das comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal e dos concellos de Miño e Vilarmaior, ademais do concelleiro de Urbanismo de Narón, Manuel Ramos, así como o xerente de Euroeume, Miguel Teixido e a presidenta de Costa Noroeste, Natividad González, entidades estas últimas conveniadas en Seitura 22. O colectivo acordou celebrar unha asemblea xeral na segunda quincena de xuño para aprobar e contactar con todos os sectores que integran o citado grupo para establecer un plan estratéxico definitivo, aberto á participación de novas entidades que se integren neste proxecto.
No transcurso da xuntanza recordouse que a xestión dos fondos comunitarios debe ser conveniada con asociacións de desenvolvemento rural e unha das 24 entidades que optan aos mesmos é a que abrangue os concellos reunidos hoxe. Na actualidade Seitura 22 está elaborando un borrador do plan estratéxico que permita a finais de ano, unha vez perfilado por completo, conveniar coa Xunta os fondos para desenvolvemento rural e xestionalos durante un periodo que previsiblemente rematará en 2023, tal e como se indicou.
O colectivo realizará un plan de acción “o máis participativo posible”, para o que xa se convocaron unha serie de xuntanzas con empresarios de turismo e do sector agroforestal e institucional, entre outros, para abordar o estado da situación, realizando un diagnóstico da zona. A continuación determinaranse os obxectivos que permitan elaborar un plan estratéxico definitivo que se presentará á Xunta e ao que se lle concederán uns fondos europeos, cuxa contía está aínda por determinar.
Desde Seitura 22 confíase en que segundo as previsións actuais, a principios de 2017 estean operativos os programas de desenvolvemento de Galicia.
O GDR Seitura 22 constituíuse a finais do pasado mes de marzo e a entidade continúa aberta á posible incorporación doutras asociacións que queiran sumarse ao proxecto e participar no desenvolvemento do ámbito territorial de Ferrol, Eume e Ortegal.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal