Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE OBRAS PÚBLICAS INICIARÁ NA SOLAINA E NA GÁNDARA OS TRABALLOS DE INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN LED
A CONCELLERÍA DE OBRAS PÚBLICAS INICIARÁ NA SOLAINA E NA GÁNDARA OS TRABALLOS DE INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN LED
As obras desenvolveranse en dúas fases, suporán un investimento duns 570.000 euros e un aforro de case 122.000 na factura eléctrica
Narón, 24 de maio de 2016. A Concellería de Obras Públicas, dirixida por Pablo Mauriz, iniciará este xoves, día 26, as obras correspondentes á instalación de alumeado led no barrio da Solaina e na zona da Gándara. O concelleiro naronés explicou que se trata dun investimento que ronda os 570.000 euros e destacou o feito de que unha vez rematados os traballos previstos a factura eléctrica do Concello reducirase nuns 122.000 euros, según as estimacións iniciais, e emitiranse unhas cen toneladas menos de dióxido de carbono á atmósfera. “Con este proxecto aforraremos unha cantidade importante de diñeiro na facturación eléctrica, ao renovar as actuais luminarias, que xa están bastante obsoletas, e substituílas por outras que nos permiten cumprir os obxectivos de redución nas emisións de dióxido de carbono e cunha vida útil duns dez anos, o que tamén suporá un considerable aforro no seu mantemento”, subliñou Mauriz.
O edil de Obras Públicas explicou que as tarefas previstas nestas dúas zonas da cidade se desenvolverán practicamente de modo conxunto e en dúas fases. A primeira delas iniciarase este xoves e estará rematada aproximadamente nun prazo de quince días, e a segunda comezará no verán.
No barrio da Solaina cambiaranse todas as luminarias e na Gándara as do entorno da praza, nesta primeira fase. Nos meses de verán, tal e como apuntou o concelleiro de Obras Públicas, seguirán os traballos previstos nas rúas Concepción Arenal, na estrada da Gándara e noutros viais da zona.
Mauriz avanzou ademais que desde a concellería que preside “estamos traballando para definir cales serán as zonas do municipio nas que se procederá a implantar a iluminación led unha vez que rematemos coas intervencións proxectadas no barrio da Solaina e na zona da Gándara”. O edil incidiu na importancia de continuar desenvolvendo este tipo de actuacións e destacou o compromiso da área que preside por continuar traballando nesta liña.
No que respecta á execución das tarefas a desenvolver, o concelleiro naronés pediu desculpas á veciñanza polas molestias que causen as posibles incidencias derivadas da execución desta actuación nos vindeiros días nos citados barrios, ao ser necesario, por exemplo, realizar algúns desvíos ou cortar parcial e temporalmente á circulación rodada algún carril ou vial da zona afectada.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal