Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UNS 170 ESCOLARES DA LOCALIDADE PARTICIPARON EN SIMULACIÓNS DE EVACUACIÓN DUNHA VIVENDA E DE PRIMEIROS AUXILIOS CON MOTIVO DOS ACTOS DA SEMANA DA MOBILIDADE E SEGURIDADE VIARIA
UNS 170 ESCOLARES DA LOCALIDADE PARTICIPARON EN SIMULACIÓNS DE EVACUACIÓN DUNHA VIVENDA E DE PRIMEIROS AUXILIOS CON MOTIVO DOS ACTOS DA SEMANA DA MOBILIDADE E SEGURIDADE VIARIA
O programa de actividades iniciouse o pasado luns e continuará desenvolvéndose ata o vindeiro 29 de maio, xornada na que se clausurará o "I Congreso Galego de Seguridade e Educación Vial Cidade de Narón"
Narón, 24 de maio de 2016. As actividades do programa da Semana da Mobilidade e Seguridade Vial do Concello de Narón continuaron desenvolvéndose desde primeira hora desta mañá. O Pazo da Cultura acolleu a primeira das sesións do día: a presentación dos curtos “Eu Narón seguro”, realizados por alumnado de centros escolares do municipio. O “Parking day” coa exposición de traballos de persoal da asociación Nosa Señora de Chamorro instalouse na rúa 25 de Xullo entre as 10.30 e as 12.30 horas e na praza de Galicia estiveron operativos de 10.00 a 13.00 o Parque de Prevención e a Casa de Evacuación da Fundación Mapfre, actividades estas últimas nas que participaron uns 170 escolares da localidade. O alcalde, José Manuel Blanco, e os edís de Seguridade Cidadá e Cultura, Guillermo Sánchez Fojo e Marián Ferreiro, respectivamente, visitaron aos asistentes ás actividades desenvolvidas esta mañá na praza de Galicia, donde tamén se habilitou un circuíto de educación vial.
Escolares naroneses atenderon ás explicacións do Equipo de Emerxencias de Narón, baixo unha carpa inchable, sobre Primeiros Auxilios. En grupos reducidos e de dous en dous practicaron, tralas indicacións dos profesionais, con dous bonecos algunhas técnicas básicas de reanimación. A continuación os rapaces e rapazas visitaron a Casa de Evacuación cedida pola Fundación Mapfre, tamén inchable e chea dun fume especial para estes casos, que dificultaba a visibilidade no interior, simulando un incendio nunha vivenda. Guiados polo persoal de Emerxencias Narón, aprenderon as normas básicas de evacuación en caso de incendio.
Pola tarde, a edil de Cultura, Marián Ferreiro, presentou o conto “Moucho e Cuquiña” acompañada pola autora do libro, Paula Merlán, non podendo asistir, tal e como estaba previsto, o ilustrador, Antonio Seijas. O respecto e coidado do medio ambiente, o coñecemento do entorno e as normas de seguridade viaria son algunhas das temáticas abordadas neste conto, dirixido a nenos e nenas de educación Infantil e primeiros cursos de Primaria e do que se editaron 750 exemplares. Trala presentación do libro e a sinatura de exemplares por parte da autora, sobre as 19.30 horas, comezou a representación da obra “2021: Unha odisea na terra”, escrita e dirixida polo naronés José Prieto e na que colaborou o equipo de Seguridade Vial do Concello.
O Parque de Prevención e a Casa de Evacuación da Fundación Mapfre permaneceron instalados na praza de Galicia durante a tarde, de 17.00 a 20.00 horas e na praza da Gándara desenvolvéronse actividades do “Parking day”, ocupando espazos reservados para vehículos e destinándoos temporalmente a actividades. "Vive a coral”, a cargo de Miriam Fernández, do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, e “Mesturas, pinta ao aire libre”, impartido por María del Carmen Sendón, foron os talleres convocados para a tarde do martes.
O programa previsto para o 25 de maio comezará ás 8.00 horas, coa actividade “Almorzo na rúa”. As persoas que acudan a traballar ao Concello ou ao colexio camiñando ou en bicicleta recibirán un ticket co que poderán tomar de balde café ou chocolate no propio Concello ou nas inmediacións dos centros de ensino de Narón, donde se habilitarán varios postos, ata as 9.10 horas. Tamén ás 8.00 horas comezarán a patrullar as rúas da cidade en bicicleta dous axentes da Policía Local de Narón. Esta novidosa iniciativa conta coa colaboración do Concello de Coruña, que cederá un día as bicicletas ao Consistorio naronés. A programación da mañá continuará entre as 10.00 e as 12.30 horas na rúa 25 de Xullo, co “Parking day” de “Biblioteca na rúa”, nesta ocasión informado á cidadanía sobre os servizos bibliotecarios do municipio; ás 10.30 horas sucederanse nas escolas infantís de Narón os contacontos da obra “Moucho e Cuquiña”, a cargo de alumnado da Escola de Teatro do Padroado da Cultura.
O parque de Prevención da Fundación Mapfre e a Casa de Evacuación poderán visitarse de novo o día 25 na praza de Galicia de 10.00 a 13.00 horas e desde as 17.00 ata as 20.00 horas. Así mesmo, pola tarde programáronse varias actividades do “Parking day” na praza da Gándara: “Bordado a man en bastidor”; “Bailando na rúa”; Contacontos “Moucho e Cuquiña” e “Zumba´ndo”. As actividades son de balde e as tres últimas estarán abertas á participación do público en xeral.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal