Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA DA SEMANA DA MOBILIDADE CONTINUOU CON SESIÓNS DE MATRONATACIÓN E UN CURSO DE ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR
O programa continuará desenvolvéndose mañá coa tradicional "Marcha Ciclista Escolar", entre outras actividades
Narón, 26 de maio de 2016. Unha charla sobre os “Beneficios da matronatación” abriu esta mañá os actos da Semana da Mobilidade e Seguridade Vial do Concello de Narón. Un grupo de mulleres embarazadas recibiu información sobre as vantaxes da matronatación, así como das posturas máis axeitadas para practicar esta actividade, entre cuxos obxectivos está tolerar mellor o embarazo, combartir nalgúns casos o sobrepeso e preparar á nai para o momento do parto e de cara á súa posterior recuperación. Unha monitora encargouse de dar as oportunas explicacións ás mulleres que esta mañá acudiron á actividade, cunha parte práctica e outra teórica que se desenvolveron na piscina municipal da Gándara entre as 11.30 e as 12.30 horas. O programa matinal incluíu ademais o “Parking day” sobre “Biblioteca na rúa”, de 10.00 a 12.00 horas, informando aos veciños e veciñas que se achegaron ata o posto sobre os servizos bibliotecarios do Concello, e tamén unha nova sesión de contacontos nas escolas infantís, nesta ocasión na de Piñeiros, sobre a obra “Moucho e Cuquiña”. Esta última actividade protagonizárona alumnos e alumnas da Escola de Teatro do Padroado da Cultura de Narón. Ás 16.30 horas comezarou un taller para embarazadas sobre “Porteo do bebé” e outro acerca da “Seguridade no automóbil e sistemas de retención infantil”, impartidos ambos por profesionais na materia. Ao finalizar as mesmas sorteouse unha silla para o coche, unha ecografía en 4D e un fular portabebé. Estas sesións convocáronse nas instalacións da Biblioteca municipal. Mentres se desenvolveron esas actividades na Biblioteca, o local social do Alto acolleu un “Curso teórico práctico para acompañantes de transporte escolar”, a cargo de persoal dos equipos de Educación Vial e de Emerxencias do Concello de Narón. A parte teórica comezou ás 17.00 horas e a práctica sobre as 18.00, cando se iniciou na praza de Galicia un simulacro dun sinistro nun autobús, no que os asistentes, unhas cincuenta persoas, puxeron en práctica o aprendido na parte teórica da actividade. Unha chamada ao 112 iniciará o procedemento a seguir, para a continuación mobilizar aos corpos de seguridade. Na praza da Gándara, entre as 17.00 e as 20.00 horas convocáronse “Parking day” sobre: “Encontro de palilleiras” e un contacontos de “Moucho e Cuquiña”, a cargo este último de alumnado da Escola de Teatro do Padroado da Cultura de Narón. O programa de actividades da Semana da Mobilidade e Seguridade Vial rematará mañá. Ás 10.00 horas sairán dos colexios os participantes na “IX Marcha Ciclista Escolar”, na que participarán algo máis dun milleiro de nenos e nenas de centros educativos do municipio e cuxa chegada ao paseo marítimo de Xuvia está prevista ás 11.30 horas. De 11.50 a 12.10 haberá unha demostración de clase de zumba nesa mesma ubicación, onde os rapaces e rapazas gozarán dunha xornada deportiva e lúdica ata regresar de novo cara aos colexios, sobre as 12.15 horas. Tamén ao longo da mañá, ás 10.30, haberá unha sesión de contacontos da obra “Moucho e Cuquiña”, nesta ocasión na escola infantil da Solaina. O Parque Fluvial do Río Freixeiro acollerá os últimos “Parking day” desta convocatoria, con “Xogos populares” dirixidos a nenos e nenas de todas as idades. Poderán participar de balde todos os asistentes. A Asociación Parque Freixeiro dirixirá esta actividade. Esta fin de semana, o sábado e o domingo, celebrarase o “I Congreso Galego de Seguridade e Educación Vial Cidade de Narón” no auditorio municipal, unha convocatoria que reunirá a varios profesionais desta área na localidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal