Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO RECIBE O PROXECTO DE MELLORA DA ESTRADA DE CEDEIRA
O CONCELLO RECIBE O PROXECTO DE MELLORA DA ESTRADA DE CEDEIRA
Política Territorial executará esta actuación, que inclúe a construcción de vías de servicio, beirarrúas e aparcamento no tramo desta estrada ó seu paso polo Polígono de As Lagoas.
Narón, 8 de Abril de 2008.- A Alcaldesa accidental de Narón, Angeles Díaz Pardo, recibiu onte de mans do delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Alberto González Fernández, o Proxecto de mellora da seguridade vial da Estrada de Cedeira (denominada AC-566) entre os puntos kilométricos 1+150 e 2+570, ó seu paso polo Polígono Industrial de As Lagoas.

O proxecto que executará a Xunta de Galicia contempla a construcción de novas interseccións e variantes, e inclúen unha nova glorieta de 40 metros de diámetro exterior para canalizar os tráficos da Estrada de Cedeira. As obras consistirán principalmente na construcción de dúas vías de servicio (unha a cada un dos lados da estrada principal) para canalizar o tráfico de entrada e salida do polígono. Tamén se mellorará a circulación peatonal, coa construcción de beirarrúas ó longo do tramo (de 2 metros), e prazas de aparcamento (de 2,50 metros). Inclúe ademáis unha nova sinalización vertical e horizontal, o reforzó do firme ó longo de toda a estrada principal, e a iluminación da mesma e das glorietas.

A primeira Tenente de Alcalde, Angeles Díaz Pardo, aproveitou a presencia do delegado de Política Territorial en Narón para expoñerlle a problemática xurdida a raíz da construcción dunha rotonda na zona de Xubia, feita fora do eixe principal da Estrada de Castela. Aínda que as obras están a ser executadas polo Ministerio de Fomento (forman parte dos traballos complementarios á construcción dos ramais da AP9), é a Xunta de Galicia –como titular das estradas- quen emitíu a correspondente autorización para levalas a cabo. Angeles Díaz alertoulle tamén a Alberto González sobre a sinalización instalada nas proximidades desta rotonda, que obstaculiza a actividade normal dun negocio ubicado nesta zona.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal