Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO IMPULSA O CLUB NARÓN GASTRONÓMICO CON INICIATIVAS DIRIXIDAS AO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL
O CONCELLO IMPULSA O CLUB NARÓN GASTRONÓMICO CON INICIATIVAS DIRIXIDAS AO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL
O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, animou aos empresarios do sector a implicarse neste proxecto
Narón, 30 de maio de 2016. O programa Narón Gastronómico da un salto cualitativo logo de catro edicións e vaise converter nun Club para promover a mellora global da hostalería de Narón. Nesta iniciativa, presentada polo edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, poderán participar todos os establecementos do sector que o desexen chamando ao número de teléfono 607 082 232 ou dirixíndose á dirección de correo electrónico: promocioneconomica@naron.es. O concelleiro naronés deu a coñecer as primeiras actividades que se desenvolverán na localidade e fixo un chamamento aos empresarios do sector para que se adhiran a estas propostas. O obxectivo das mesmas é, indicou, “potenciar a participación e colaboración entre o Concello de Narón e os profesionais do sector, a través do plantexamento e da posta en marcha de actividades cuxa finalidade será reactivar a hostalería local e mellorar a súa imaxe de cara ao exterior”.
O Club Narón Gastronómico ten como vantaxes a de servir de catalizador entre o sector e a contorna social, económica e empresarial; a de mellorar a formación dos empresarios e tamén a posta en valor dos produtos alimentarios que se producen e comercializan no municipio de Narón, explicou Villamar. Para alcanzar estes obxectivos, subliñou, “é necesario o compromiso do maior número posible de hostaleiras e hostaleiros, que haberá de traducirse no grao de participación máis alto posible nas diferentes actividades que conxuntamente se propoñan”.
A pertenza ao Club Narón Gastronómico é voluntaria: só cómpre adherirse formalmente para participar nas accións que se leven adiante (concursos e rutas de tapas, actividades formativas, xornadas gastronómicas etc.). O concello xa enviou a todos os hostaleiros unha carta co documento de adhesión, que simplemente terán que cubrir e remitir asinado se desexan ser membros deste foro de dinamización para participar nas actividades que se programen.
Como primeira medida, a área de Promoción Económica xa está traballando na organización dun “Curso práctico de elaboración de tapas” durante varias xornadas do mes de xuño (previsiblemente os días 13, 20 e 27) que será impartido polo prestixioso cociñeiro galego Xoán Crujeiras, profesor do IES Fraga do Eume de Hostalería e copropietario do restaurante “A Estación” (Cambre, A Coruña), que conta cunha Estrela Michelín e un Sol Repsol. “Estamos falando dunha persoa moi cualificada e, polo tanto, vai ser un honor que veña ao noso Concello para impartir este curso práctico”, asegurou o edil da área. Esta actividade nace co obxectivo de dotar aos responsables dos negocios de restauración e ao seu persoal dos coñecementos gastronómicos necesarios para mellorar tanto a oferta de tapas, como a presentación das mesmas. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 6 de xuño. As persoas interesadas en participar no concurso de elaboración de tapas poden chamar ao teléfono 607 082 232 ou enviar un correo electrónico a: promocioneconomica@naron.es.
Paralelamente, indicou, estase a traballar na creación dunha páxina web do Club Narón Gastronómico e en perfís nas redes sociais para aglutinar nun mesmo soporte online toda a oferta e actividades do citado Club Gastronómico, así como a información de todos os establecementos adheridos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal