DESIGNADOS OS PRESIDENTES E VOCAIS DAS MESAS ELECTORAIS DO 26 DE XUÑO NUN PLENO EXTRAORDINARIO
As persoas seleccionadas recibirán nos vindeiros días una notificación no seu domicilio
Narón, 30 de maio de 2016. A corporación local de Narón asistiu esta mañá, ás 10.00, a celebración dun pleno extraordinario para a designación dos integrantes das corenta e sete mesas electorais que se habilitarán no municipio –presidentes, vocais e dous suplentes de cada cargo- de cara aos comicios xerais do vindeiro 26 de xuño. O sorteo realízase mediante un procedemento informático e as persoas seleccionadas recibirán nos vindeiros días unha notificación no seu domicilio. No caso de non poder acudir será preciso comunicalo e xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona –no Xulgado de Ferrol- nun prazo de sete días hábiles.
O censo electoral de Narón confórmano para os comicios do mes de xuño un total de 32.106 persoas.