Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONSISTORIO E A AVV OS IRMANDIÑOS DO VAL ORGANIZAN UN COMPLETO PROGRAMA DE ACTOS CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
O CONSISTORIO E A AVV OS IRMANDIÑOS DO VAL ORGANIZAN UN COMPLETO PROGRAMA DE ACTOS CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
As actividades comezarán o día 3 de xuño e a recreación da lenda será o 18 de xuño no lugar de Vilasuso, no Val
Narón, 31 de maio de 2016. A concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, e a presidenta da AVV Os Irmandiños do Val, Ana Belén Rodríguez, presentaron o programa de actos para celebrar a décimo novena edición da recreación das Lendas da Pena Molexa, que será o 18 de xuño no lugar de Vilasuso, no Val. O Concello e a citada entidade veciñal colaboran na organización deste evento potenciándoo desde hai varios anos coa programación de actividades paralelas en xornadas previas a esa data.
As actividades deseñadas con motivo desta tradicional festividade comezarán o 4 de xuño cun roteiro cicloturista, que ás 10.30 horas partirá das inmediacións do local social e no que se realizará un percorrido polo entorno para coñecer o patrimonio cultural do Val. A convocatoria está aberta á participación de todas as persoas interesadas en acudir e conta coa colaboración da Concellería de Seguridade Cidadá, dirixida polo edil Guillermo Sánchez, a través do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón.
O 10 de xuño celebrarase unha “Andaina solsticial”, cuxa comitiva partirá ás 22.30 horas do convento de Baltar desde donde, ataviada con fachos, irá ata a Pena Molexa realizando paradas para ver elementos patrimoniais, como o castro de Vilasuso e o propio convento.
Os actos propios da representación das Lendas da Pena Molexa serán o 18 de xuño. O programa festivo iniciarase ás 18.00 horas, con xogos populares e actividades de deporte rural, para a partir das 20.30 dar comezo a actuación do Grupo de Gaitas do Padroado da Cultura do Concello de Narón. Ás 21.00 horas haberá unha churrascada, a prezos populares, con “churrasco molexo” e “bocata lopeso” e ás 22.30 actuará o grupo de música folk “Zoadeira”. A representación das Lendas –que narran a conversión dunha Pena en fada ou doncela coincidindo co solsticio de verán-, a cargo de veciñas e veciños do Val, como marca a tradición, comezará ás 00.00 horas. Ás 00.30 horas haberá unha lumeirada e repichoca popular.
Desde a organización desta convocatoria animan aos veciños e veciñas de Narón e doutros concellos a acudir a esta cita festiva, ao tempo que lúdica e cultural, con gran tradición na localidade naronesa e con actividades dirixidas a persoas de todas as idades.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal