Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DO OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS NO PAZO DA CULTURA
EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DO OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS NO PAZO DA CULTURA
Dous alumnos do curso presentaron a primeira zanfona construída nas clases impartidas no Padroado da Cultura, cuxos planos se compraron en Alemaña
Narón, 31 de maio de 2016. O Pazo da Cultura acolle a exposición “20 anos construíndo patrimonio”, na que se poden ver algo máis de sesenta instrumentos musicais realizados nos Obradoiros de Construción de Instrumentos de Percusión Tradicional Galega do Padroado da Cultura. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a concelleira de Cultura, Marián Ferreiro; o profesor do obradoiro, Emilio Romero, e alumnado dos mesmos, visitou esta tarde a mostra, que permanecerá na entrada do Pazo ata o vindeiro 6 de xuño. Entre as pezas que permanecen expostas hai unha zanfona construída por dous dos alumnos máis veteranos deste curso, que comezaron a realizala no ano 2013. Trátase dun modelo francés, tal e como explicou Romero, cuxos planos se adquiriron en Alemaña e é a primeira realizada en Ferrolterra. O pontés José Souto e o fenés Manuel García foron os encargados de realizala, e como ben demostrou Alberto Maceiras funciona á perfección. Na actualidade estanse realizando outras dúas similares. O rexedor local e a edil de Cultura destacaron o traballo desenvolvido polo alumnado e a labor do docente, e felicitaron persoalmente ás dúas persoas que construíron a zanfona pola súa dedicación, así como aos encargados de realizar o resto das pezas.
Así mesmo, na exposición pódese ver un tambor feito cun tronco de ciprés baleirado a man; un charrasco, un tambor dobre e un tambor cunha pequena barrica de carballo. Ademais das pezas realizadas nos obradoiros, hai outras restauradas nos mesmos, como dúas pandeiretas con máis de 130 anos de antigüidade.
Entre as novidades desta mostra está a exposición, por vez primeira, de instrumentos típicos doutros países, como un tambor Chamanico; un pandeiro irlandés e un caixón peruano.
A edil de Cultura recordou que nos últimos vinte anos máis de trescentas persoas asistiron aos Obradoiros de Construción de Instrumentos convocados desde o Padroado da Cultura. Na actualidade, apuntou, hai sesenta e dúas persoas matriculadas. As clases destes obradoiros impártense en cinco grupos, dous o sábado pola mañá e os tres restantes os martes, mércores e venres. Coincidindo co remate do curso escolar permanecen expostos, como cada ano, os traballos realizados.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal