Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACION DO PLAN DE MODERNIZACION DIXITAL DO CONCELLO DE NARON
A implantación se realizará de xeito progresivo durante os próximos 18 meses e permitirá realizar trámites administrativos a través da páxina web do Concello
Narón, 8 de Abril de 2008.- A Concelleira de Novas Tecnoloxías, Paloma González Cuevas, presentou o Plan de Modernización do Concello de Narón, que se desenvolverá nos vindeiros dous anos e que suporá unha inversión económica de 200.000 euros. A aplicación do plan que se explica a continuación, permitirá o cumprimento da Lei 11/2007, que marca como data límite o 31 de Decembro de 2009 para que os procedementos e xestións municipais realícense de xeito telemático. O obxectivo fundamental do Plan de Modernización do Concello de Narón é o de adaptar a rede informática municipal ás novas tecnoloxías da información, para facilitar o acceso dos cidadáns ós servizos municipais sin desprazarse dos seus domicilios. Deste xeito, a través de Internet poderán realizarse trámites ata agora impensables, tal e como indicou a Concelleira. Algunhas destas xestións son o pago de impostos, a solicitude de licenzas e permisos de obra, o cambio de domicilio, a solicitude de achegas sociais ou os permisos medioambientais. A partires do momento en que poidan realizarse estas xestións a través de Internet, o Concello porá en marcha tamén un servizo de mensaxes SMS, para que os cidadáns saiban en qué estado se atopan as súas xestións. É o que se chama “notificacións de cortesía”. O novo Plan de Modernización da Administración Local permitirá tamén simplificar ó máximo os trámites que se realizan na actualidade, e para lévalo a cabo se empregarán a firma dixital e o DNI dixital, adaptando para elo a páxina web do Concello e convertíndoa nunha ventanilla única de solicitude de información. O prazo previsto para realizar este proxecto abarca dende o próximo 1 de Xuño de 2008 ata o 30 de Novembro de 2009. Poner en práctica esta iniciativa suporá un novo xeito de traballar no Concello, para o cal os funcionarios recibirán un curso de formación. O goberno local tamén ofrecerá estos cursos ós cidadáns da zona urbana e rural, a través dos locais sociais municipais, ós que disporán de equipos informáticos para poder realizar as xestións on-line. A Concellería de Novas Tecnoloxías solicitou o pasado 28 de Marzo ó Ministerio de Administraciones Públicas (MAP) unha subvención do 50% para executar este plan, aínda que si non a conceden, será o propio Concello quen se faga cargo desta inversión na súa totalidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal