Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FESTIVAL DE FIN DE CURSO DAS ESCOLAS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL DO PADROADO DA CULTURA
Máis de cincocentros cincuenta alumnos e alumnas actuarán o 5 de xuño, en dúas quendas pola tarde, nos grupos de infantil e adultos, no Pazo da Cultura
Narón, 3 de xuño de 2016. O alumnado das Escolas de Música e Baile Tradicional do Padroado da Cultura participará este domingo, 5 de xuño, no Festival de Fin de Curso que terá lugar no Pazo da Cultura. A edil da área, Marián Ferreiro, apuntou que durante a xornada actuarán algo máis de cincocentas cincuenta persoas e explicou que todas aquelas que desexen asistir como público poden adquirir as súas entradas, a un prezo de dous euros, na billeteira do Pazo. “Trátase dunha moi boa oportunidade para ver o intenso traballo que realizan tanto o profesorado como o alumnado das Escolas do Padroado da Cultura durante o curso, cunha ampla oferta de actividades formativas, neste caso, musicais e de baile tradicional”, subliñou a edil. O Festival Infantil comezará ás 16.30 horas, e no mesmo actuarán nenos e nenas que acudiron durante este curso a todas as Escolas de Música e Baile Tradicional (“O Recuncho dos pequechos”; grupos de pandeireta e grupo de baile). Unha vez que remate o pase infantil, sobre as 19.00 horas, dará comezo o Festival de alumnado adulto, no que participarán alumnas e alumnos das clases de gaita, percusión, pandeireta, baile e zanfona. A edil de Cultura avanzou ademais que a Banda de Gaitas e o Grupo de Bailes Tradicionais Alxibeira actuarán nos dous festivais. Durante este curso 2015-2016 as Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura contaron cun total de 1.271 alumnas e alumnos, entre as Escolas Culturais e Artísticas e as Conveniadas. Así mesmo, o domingo día 5 celebrarase no Auditorio municipal, a partir das 18.30 horas, un obradoiro de teatro no que participará alumnado dos grupos xuvenís do Padroado da Cultura. Esta actividade enmarcase no programa de actuacións e funcións a realizar polas Escolas do Padroado da Cultura no presente curso. A entrada a esta última actividade é de balde.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal