Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UNHAS 1.600 PERSOAS ASISTIRON AO FESTIVAL DE FIN DE CURSO DAS ESCOLAS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL DO PADROADO DA CULTURA
UNHAS 1.600 PERSOAS ASISTIRON AO FESTIVAL DE FIN DE CURSO DAS ESCOLAS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL DO PADROADO DA CULTURA
O Pazo da Cultura acolleu o evento en dous pases, de alumnado infantil e de adultos
Narón, 5 de xuño de 2016. As alumnas e os alumnos das Escolas de Música e Baile Tradicional do Padroado da Cultura de Narón encheron de público o Pazo da Cultura na celebración do Festival de Fin de Curso. Unhas 1.600 persoas presenciaron as actuacións, desenvolvidas en dous pases, un de alumnado infantil e outro de adultos. Algo máis de 550 rapaces e rapazas subiron ao escenario a partir das 16.30 horas para amosar aos seus familiares e amigos, que se atopaban entre os espectadores, o traballo realizado desde o pasado mes de outubro, tralo inicio do curso. Ao rematar as diferentes actuacións os participantes recibiron un diploma acreditativo da súa asistencia ás respectivas Escolas de Música e Baile Tradicional. A vicepresidenta do Padroado da Cultura e edil da área, Marián Ferreiro, encargouse de dar os diplomas aos nenos e nenas de 3 e 4 anos que acudiron á actividade de “O Recuncho dos pequechos”, no que foi a súa primeira incursión en moitos casos no mundo da música tradicional e que lles permitiu aprender a tocar algún pequeno instrumento.
Foi precisamente o pase do alumnado infantil o que abriu o festival, ás 16.30 horas, e no mesmo participou ademais dos nenos e das nenas de “O Recuncho dos pequechos”, o alumnado dos grupos de pandeireta e grupo de baile. Finalizadas estas actuacións, sobre as 19.00 horas, comezaron as dos adultos matriculados nas clases de gaita, percusión, canto e pandeireta, danza tradicional e zanfona.
O Festival de Fin de Curso estivo tamén amenizado pola Banda de Gaitas e polo Grupo de Baile Tradicional Alxibeira, que actuaron durante os pases de infantil e de adultos.
Ao igual que nos últimos anos, as Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura de Narón tiveron máis dun milleiro de alumnos e alumnas no último curso. O éxito destas Escolas está avalado pola cantidade de persoas que ano tras ano se matriculan nalgunha das actividades formativas que se imparten desde o Padroado da Cultura, dirixidas a persoas de diferentes idades.
O alumnado implicouse esta tarde no festival co que se puxo o broche final ao curso 2015-2016. “Os rapaces e rapazas que asistiron ás Escolas de Música e Baile Tradicional deron hoxe conta do seu esforzo e dedicación a estas actividades nos últimos meses e, nalgúns casos, cunha traxectoria formativa iniciada hai varios anos nestas Escolas”, asegurou a edil de Cultura, que os felicitou polos avances obtidos no curso que rematou. Ferreiro destacou o gran respaldo que ano tras ano teñen as Escolas do Padroado da Cultura de Narón e apuntou que en resposta a esa boa acollida tamén se traballa por ampliar o número de propostas formativas, indicando como exemplo o feito de que no último curso se ofertasen por primeira vez clases de acordeón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal