NOVA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE PRODUTOS PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
A academia September de Xuvia recolle durante o mes de xuño roupa, cueiros e comida para bebés
Narón, 7 de xuño de 2016. A edil de Acción Social, Catalina García, informou do inicio dunha nova campaña de recollida de produtos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. Nesta ocasión, a Academia September, de Xuvia –que xa colaborou en convocatorias anteriores- recolle durante todo este mes roupa, cueiros e comida para bebés dos usuarios das citadas instalacións solidarias.
As persoas que desexen colaborar poden entregar o material na propia academia, localizada no baixo dereita do número 833 da estrada de Castela, en horario (preferiblemente) de 15.00 a 22.00.
Desde o Consistorio naronés agradécese toda colaboración co Centro de Recursos Soildarios, cuxa sede se localiza nunha nave do polígono industrial de Río do Pozo e desde donde se atende a familias de Narón pero tamén doutros concellos da comarca.